Diario dun mercado. Episodio 32
Coas pretemporadas a piques de comezar, os clubes apuran fichaxes, renovacións… e mesmo adiantan os partidos que disputarán na previa a temporada 2017/2018.
Coas pretemporadas a piques de comezar, os clubes apuran fichaxes, renovacións… e mesmo adiantan os partidos que disputarán na previa a temporada 2017/2018.
Os movementos no mercado non paran nin en fin de semana, polo que a edición de hoxe ven bastante cargada.
O Rábade traballa sen présa pero sen pausa. Por iso, pecharon unha nova fichaxe. Trátase do interior Antón Lodeiro, con experiencia en Sagrado Corazón, Guntín e Comercial. Dende o clube aseguran que a próxima semana anunciarán tres novas incorporacións. No bando contrario, no das baixas, temos unha na Residencia. O meta Yelco non seguirá na […]
A idea era comezar con isto en xuño pero… Vista a vosa resposta e o movemento do mercado, vémonos obrigados a sacar unha nova entrega do noso mercado particular. Viaxamos á Mariña, onde apostan pola continuidade dos técnicos. O Ourol seguirá confiando en Loiso (Luis Pérez) na súa nova aventura na Segunda Galicia. E subindo […]
Hoxe remata a Primeira Galicia e a Terceira División. A Segunda e Terceira Galicia xa pasaron a mellor vida. E á Preferente quédanlle tres telediarios. Vale que aínda queda moita tela que cortar. Non vos digo que non! Especialmente cos ascensos nas categorías de base. E os campións das Copas Deputación. Aínda así, todos sabemos […]