Os nosos equipos de Terceira e Preferente xa teñen calendario

Na tarde de hoxe, a Federación Galega de Fútbol deu a coñecer o calenadario da Terceira División, así como da Preferente Autonómica nos seus dous grupos, Norte e Sur, para a temporada 2018-2019. Ámbalas dúas competicións darán comezo a fin de semana do 25 e 26 de agosto. Na Terceira División, o fútbol lucense contará […]

Diario dun mercado. Episodio 64

Hoxe é un día triste. En especial para aqueles que estamos no mundo do fútbol. En primeiro lugar, queremos dar o noso máis sentido pésame a todos os amigos, familiares, coñecidos de Álex Blanco, así como a membros do CP Calasancio, polo repentino pasamento deste rapaz. 

O partido da xornada . . . dous derbis que deciden a permanencia en Preferente

Coas restantes categorías do noso fútbol xa embarcadas na disputa da Copa Deputación, a Preferente tamén baixa o pano este fin de semana. Cinco conxuntos xa non poñen en xogo máis que a honra de logralos tres puntos. O Polvorín xa co ascenso no peto, Ribadeo e Castro sen opcións de ascenso e Escairón e  […]

O partido da xornada . . . Club Lemos – C.D. Foz: o veredicto final polo ansiado ascenso a Preferente

Este domingo ás 17:30 horas, a Pinguela acollerá, na xornada 31 de liga, unha auténtica final polo ascenso na Primeira Autonómica. Dous equipos, Lemos e Foz, que ven como o tren do ascenso pasa por gañar este encontro, aínda que ámbolos conxuntos están separados por seis puntos na táboa clasificatoria. Os monfortinos non teñen outra […]

Que foi de . . . Carlos Devesa: un defensa dos de sempre, un nostálxico do fútbol popular

Falar do fútbol mariñán é facelo, entre outros moitos, de Carlos Devesa (Foz, 1973). Un amante do fútbol sobre tódalas cousas, pero dese fútbol que agora se bota de menos, do popular. Do que nos anos 90 ateigaba as gradas de Cantarrana, do Martínez Otero ou dun Viñas da Veiga que vía como a S.D. […]

O partido da xornada . . . S.D Sarriana – C.D. Foz: máis de medio ascenso en xogo na Ribela

Máis que partido da xornada poderíamos chamarlle partido da temporada. Enfróntanse os dous mellores equipos da Primeira Autonómica, ou iso di a clasificación. O líder, a S.D. Sarriana con 66 puntos recibe a visita do segundo clasificado con tan só un punto menos, o C.D. Foz. Será este domingo ás 17 horas na Ribela. Salvo […]

Os nosos clubes explotan contra as Administracións

Ás veces un ten que dar noticias difíciles. Tanto á hora de tratalas como no propio e duro contido. Este é o caso. Así que tentarei recoller o mellor posible tódolos testimonios que teño entre mans. Unhas verbas que nos foron chegando pouco a pouco. Preguntando e escoitando. Reafirmando unhas queixas que nos levan chegando […]