O partido da xornada . . . C.D. Guntín – A.D. Bóveda: un ascenso marcado por pequenos detalles

Tan só tres xornadas restan para que se baixe o pano da temporada en Segunda Autonómica. Mentras no grupo Norte, Folgueiro, Lourenzá, Guitiriz e tamén Roupar, aínda que con escasas opcións, se xogan os dous postos de ascenso, no grupo Sur ata seis equipos teñen opcións matemáticas: San Roque, Palas, Guntín, Bóveda, Oural e San Lázaro, cos catro primeiros clasificados en tan só dous puntos. Precisamente, os […]

O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – Viveiro C.F.: derbi mariñán con moito en xogo

Con tan só sete xornadas para o final de liga, o derbi mariñán deste domingo ás 17:30 horas no Pepe Barrera entre Ribadeo e Viveiro antóllase trascendental. Cos dous equipos na zona alta da Preferente, pero cos ribadenses aparentemente lonxe da hipotética pelexa polo ascenso, o conxunto visitante, segundo clasificado, afronta unha das saídas máis […]

O partido en imaxes: Lemos B-SD Castroverde (1-3)

Mariluz Fagín e unha amante dos campos de fútbol lucenses, en especial dos do sur da provincia. Cando o fai, sempre o inmortaliza con espectaculares galerías fotográficas, como ésta do Lemos B-Castroverde, que se disputou no Luis Bodegas e onde venceron os visitantes, 1-3!

O partido da xornada . . . S.D. Chantada – Club Lemos: o líder pon a proba a imbatibilidade do Sangoñedo

Desde antes de comezala temporada, na gran maioría de quinielas figuraban Chantada e Lemos como máximos candidatos a rematar ascendendo de categoría no vindeiro mes de maio. Este domingo ás 17 horas, o Sangoñedo será testigo dun duelo entre o segundo clasificado e o líder de Primeira. Un encontro con claro sabor a Preferente. A […]

O partido da xornada . . . Friol C.F. – S.D. Santaballés: dous conxuntos sen complexos fronte a fronte

A Reigosa será o esceario, o sábado ás 16:30 horas, dun dos encontros máis atractivos da Primeira Autonómica. Friol e Santaballés veranse as caras nunha situación, que ben seguro, firmarían cos ollos pechados alá polo pasado mes de setembro. Dous conxuntos sen complexos que miran cara arriba, sen máis presión que a de facer bo […]

Palabra de… Richard Huerta: «Vinte e dous anos de fútbol, vinte e dous de Castroverde»

Dicía Carlos Gardel nunha canción que vinte anos non son nada, pero cando pasan correndo detrás dun balón pola Veiga do Olmo a cousa cambia. A miña incorporación o mundo do fútbol foi tardía. Comecei a xogar aos dezaseis anos e de casualidade (cousa de miña nai). Iso si, vintedous anos despois ainda sigo gastando botas polos […]

Diario dun mercado. Episodio 76

A Sarriana é un dos equipos que máis se está movendo estes días no mercado provincial. Omar Rodríguez converteuse na nova fichaxe do conxunto adestrado por Alberto López nesta etapa na Preferente. Aos seus 31 anos cambia o Municipal de Castro pola Ribela despois de pasar por clubs como o Valadouro, Vilalbés ou Residencia. No […]

O partido da xornada . . . Club Lemos – C.D. Foz: o veredicto final polo ansiado ascenso a Preferente

Este domingo ás 17:30 horas, a Pinguela acollerá, na xornada 31 de liga, unha auténtica final polo ascenso na Primeira Autonómica. Dous equipos, Lemos e Foz, que ven como o tren do ascenso pasa por gañar este encontro, aínda que ámbolos conxuntos están separados por seis puntos na táboa clasificatoria. Os monfortinos non teñen outra […]

Todo comezou na do Tino de Castroverde

É certo, que se adoita ter moita envidia do que fai o veciño, sempre hai ese obxectivo de ser mellor ca el. Este modo de vida é moitas veces criticable, pero noutras ocasións imitar ou tentar superar ao que se ten máis preto fai que todos medren. Foi por imitiación dos veciños que no ano […]

As nosas redes falan!

Xa con dúas xornadas de Terceira e unha de Preferente disputadas, todo semella volver á normalidade no noso fútbol, e tamén na participación nas nosas redes sociais!

Diario dun mercado. Episodio 54

Pouco a pouco imos chegando ao remate do verán e o inicio das competicións marcan a actualidade no fútbol provincial. Non obstante, os equipos seguen reforzándose, buscando cubrir os postos que aínda non teñen pechados. Mentras iso siga ocorrendo, seguirá habendo episodios do diario dun mercado. Na Preferente, o Escairón ten un novo atacante antes […]

Diario dun mercado. Episodio 30

Os movementos no mercado non paran nin en fin de semana, polo que a edición de hoxe ven bastante cargada.

As notas da Segunda e Terceira nos cuartos da Copa

Xa só quedan catro equipos na competición. Esta próxima fin de semana xogaranse por así dicilo as finais territoriais, a do norte e a do sur, ou o que veñen sendo as semifinais para decidir quen optará polo título no último partido. Sporting Pontenova – Lourenzá será a semifinal do norte, mentras que Brollón – Friol […]

As notas da Segunda e da Terceira nos oitavos da Copa

A Copa Deputación vai entrando no seu tramo decisivo e xa quedaron definidos os cuartos de final que esta fin de semana que se aveciña pelexarán por seguir vivos no torneo. Polo momento quedámonos coas consecuencias da pasada xornada que nos deixou detalles para o recordó. O ás: Recalde do Lourenzá Nun partido tolo, de […]

Hemeroteca: O Castroverde repite a súa historia

Hai menos dun mes que o Castroverde firmaba o ascenso á Segunda Galicia. Non era a primeira vez que o facían. Xa dicía Barceló, non o confundan co do ron, que «a Historia é un ciclo continuo, sen cortes, no que algúns dos seus parámetros fundamentais se repiten». E diso damos fé na nosa hemeroteca. […]