Diario dun mercado. Episodio 210

Isto é un non parar. Levamos varios días que, minutos despois de publicar o Diario dun Mercado, as nosas redes sociais e os nosos teléfonos non paran de sonar anunciando novas fichaxes e renovacións. Por iso, hoxe chegamos cunha nova edición desta sección tan cotiá no verán.

Entón… xogamos ou que?

Aquí contamos o que fará cada club coa nova Preferente

Os clubes aceptan resignados a suspensión da Preferente

O conto de nunca acabar. O 8 de marzo de 2020, os clubes lucenses de Preferente xogaron o último partido ata o día de hoxe. A RFGF, deseosa de revertir a situación, decidía fai apenas unha semana que a Preferente Norte comezaría de novo o 31 de xaneiro de 2021. Porén, despois de dar o […]

Diario dun mercado. Episodio 196

A temporada 20/21 será recordada pola súa brevidade. Ademáis, tamén quedará na nosa memoria porque -a priori- no fútbol afeccionado masculino tan só se disputarán a Terceira División e a Preferente, ambas divisións con modificacións no formato de competición ao que estabamos afeitos fai pouco máis dun ano.

Os clubes opinan sobre a nova Preferente

Fai uns días, a Futgal reuníase cos clubes da Preferente Galicia para falar de como se desenvolverá a competición na temporada 20/21, na que será unha ardua tarefa completar as ligas sen paróns. Por iso, a nova Preferente constará de catro subgrupos (dous correspondentes á zona norte e dous á zona sur).

Diario dun mercado. Episodio 167

Cando parecía que o mercado nos daba unha pequena tregua, volve o movimento no fútbol lucense. Na Preferente, o C.D. Foz renovou a Gonzalo, un dos seus estandartes, e o recén ascendido Atlético Escairón asinou ao gardameta Moncho, procedente do Piloño, equipo de Vila de Cruces. Na Primeira Autonómica, o Castro acadou a renovación dun […]

Diario dun Mercado. Episodio 151

Esta semana estivo marcada polos movementos do mercado. Renovacións, marchas, retornos e sorpresas levan sendo protagonistas desde fai varios días, e hoxe non será menos. Chega unha nova edición do Diario dun Mercado moi cargadiña, especialmente en canto á Primeira Galicia.

A Axenda: todo o fútbol lucense en marcha despois do parón

TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – U.D. Paiosaco (Sábado ás 16 horas na Cheda): Logo de dúas derrotas consecutivas, o filial albivermello buscará un triunfo que o afaste do perigo ante un vello rival da Preferente. O Paiosaco chega a este encontro como pechacancelas e non é quen de gañar desde o mes de outubro. PREFERENTE […]

A Axenda: A Pinguela acolle un derbi clave pola permanencia

O forte temporal fixo que quedara suspendida a xornada do sábado, pero o domingo teremos interesantes encontros nesta última xornada antes do Nadal. PREFERENTE NORTE  – Club Lemos – C.D. Foz (Domingo ás 16 horas na Pinguela): encontro clave na loita pola permanencia. O conxunto local suma catro xornadas sen gañar e precisa do triunfo […]

A Axenda: a Copa volve e a Primeira non para

Malia que nesta ponte festiva, o noso fútbol colle un descanso, a pelota non deixa de rodar por completo. A Primeira Autonómica e o fútbol feminino disputan unha nova xornada, á que se suma a Copa Deputación. PRIMEIRA AUTONÓMICA  – Riotorto C.F. – Atlético Escairón (Domingo ás 12 horas na Veiga): o conxunto local, no […]

O partido da xornada . . . Atlético Escairón-S.D. Outeiro de Rei: choque de trens no Municipal

A novena xornada de Primeira Autonómica ofrécenos un enfrontamento entre dous dos candidatos ao ascenso. Atlético Escairón e Outeiro de Rei ocupan o primeiro e segundo posto da táboa respectivamente, e enfrontaranse este domingo ás 16:30 horas no Municipal do Saviñao. O Atlético Escairón de Javier Montoto ocupa o liderato de Primeira cun punto de […]

O partido da xornada . . . Atlético Escairón – S.D. Burela: os de Montoto poñen a proba o novo líder

Trascurridas tan só catro xornadas, as cartas xa están enriba da mesa. Aínda que queda toda unha temporada por diante, varios conxuntos apostan forte por ocupar os postos cabeceiros dunha Primeira Autonómica que promete estar, cando menos, tan igualada como tódolos anos. Dous deses conxuntos chamados a pelexar polo ascenso son o Atlético Escairón e […]

A axenda do fin de semana (14-15 de setembro)

No fin de semana no que a Segunda Autonómica bota a andar, e xa con encontros destacados, deixámosvos os encontros máis salientables que se poden ver na nosa provincia. Esta é a nosa escolma: TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – Ourense C.F. (Domingo ás 18 horas na Cheda): rival de envergadura o que visita ao filial […]

Diario dun mercado. Episodio 135

Esta semana comezan a Terceira División e a Preferente Norte, nas que os nosos clubes buscaran sumar os primeiros puntos dunha prometedora campaña. Porén, as categorías autonómicas terán que agardar un par de semanas máis, de aí, polo que os clubes que militan nelas atópanse a apurar as últimas incorporacións!