O Ferreira volverá recorrer toda a provincia

Na Segunda Galicia grupo sur a igualdade polo ascenso mantívose, incluso, ata a última xornada de competición. Aínda que o Ferreira tiña todas as de gañar e así o fixo. Dependía de si mesmo para subir de categoría e derrotou por 0-8 a Comercial que xa estaba descendida. Pantón festexa agora o regreso á Primeira […]

O filial do Monterroso xogará en Segunda

O Monterroso B conseguiu un histórico ascenso á Segunda Galicia despois de superar ao Río Sil na final da promoción de ascenso da Terceira Galicia grupo sur. O filial monterrosino sube de categoría no seu segundo ano de vida. Tan só o filial do Pontellas da provincia de Pontevedra se adiantou no ascenso dun filial […]

O fútbol de Xermade volve ter un equipo en Primeira

As terras máis ó norte da Terra Chá volverán desfrutar na vindeira temporada do fútbol da Primeira Galicia. O SDC Xermade regresa a unha categoría que deixou hai seis anos e faino a unha xornada para rematar a liga na que aínda ten opcións de saír campión. O concello quedara sen representante na categoría co descenso […]

Hemeroteca: Portomarín, doctorado en ascensos

Hai escasas semanas o Portomarín confirmaba o seu regreso á Segunda Galicia. Mesma categoría que alcanzaba no ano 2010. Firmou un incrible ascenso na última xornada ligueira. No campo da Ribela e ante o colista Sarria. E aquí temos o gran desenlace desta histórica tarde para os de Chao da Poza. Sen máis dilación, deixámosvos co […]

Dous ascensos en tres anos

Hai un club na cidade de Lugo que non para de medrar. O SDC San Roque acaba de conseguir un histórico ascenso á Primeira Galicia e faino sendo o campión da Segunda grupo sur, a falta dunha xornada para rematala competición. O conxunto verdiblanco poderá desfrutar dunha derradeira xornada tranquila á marxe dos seus rivais que aínda […]

Hemeroteca: O Castroverde repite a súa historia

Hai menos dun mes que o Castroverde firmaba o ascenso á Segunda Galicia. Non era a primeira vez que o facían. Xa dicía Barceló, non o confundan co do ron, que «a Historia é un ciclo continuo, sen cortes, no que algúns dos seus parámetros fundamentais se repiten». E diso damos fé na nosa hemeroteca. […]

Un ascenso de libro

Subir de categoría non era o obxectivo marcado cando o Sporting Pontenova planificou esta temporada, ou polo menos así o afirma o seu adestrador, Dani Moirón. O certo é que, con propósito ou sen el, o conxunto da Mina foi o rival a batir na Segunda Galicia grupo norte. Nunha categoría marcada pola igualdade nos postos altos, o […]

Unha remontada épica para ascender

Corría o 5 de novembro do 2016 e o Portomarín estaba situado na oitava posición con catorce puntos. Por aquel entón, na Terceira Galicia grupo sur Castroverde e Monterroso B xa comandaban a clasificación e prevíase que fosen os rivais a batir ao longo de toda a temporada. Ese mesmo 5 de novembro foi o primeiro partido oficial […]

Unha confirmación agardada: A Residencia xa é de Preferente

Era solo cuestión de tempo. Semanas, días, horas… A todos esta Residencia nos cheiraba a Preferente. Incluso antes de comezar a tempada. Nese momento en que colles plantel por plantel. E observas a superioridade dos xogadores blanquiazuis. Un conxunto que conservaba o bloque que os mantivo varios anos na Preferente. Esa categoría á que regresan […]

castroverde

SD Castroverde, a unión como chave do éxito

A SD Castroverde xa é de novo equipo da Segunda Galicia despois de batir na penúltima xornada ao Monterroso B. Ascenso e campionato para un equipo moi regular durante toda a temporada que basa o seu éxito na unión do cadro de xogadores. Xa non é que haxa moitas xornadas na Terceira Galicia grupo sur […]

Hemeroteca: Un dejà vu en branquiazul

Recordamos hoxe na nosa hemeroteca un dos últimos ascensos da Residencia. Campaña 2010-2011. O cadro da Cheda empezaba unha década gloriosa, na que chegou incluso a Preferente. Algo que pode repetir moi pronto. Pero á beira do ‘Carrefour’ soñan ao grande e agora queren que sexa o seu filial o que suba á Primeira Galicia. Será […]

Ascenso en febreiro

O refraneiro di que febreiro é o mes da neve, mes no que as horas de luz solar van medrando, pero en ningún lado di que sexa un mes de ascensos. Na maior parte das competicións do balompé todo está aínda por decidir e sen chegar o tramo decisivo da temporada. Non obstante, na Terceira […]

Hemeroteca: O último ascenso do Muimenta

Este sábado queremos recordar o último ascenso do Muimenta. Foi hai relativamente pouco e á Primeira Autonómica. Canto tardarán en volver? Mentres tanto, trasladámonos a tempos mellores e revivimos este ascenso coa grabación de Jesu Vigo. Dentro vídeo!