As nosas guerreiras da fin de semana

Con todas as competicións femininas comezadas, retomamos unha das seccións máis importantes da nosa web, na que facemos un breve resumo do que foi a xornada para as nosas futbolistas e, como novidade, introducimos ás xogadoras máis destacadas de cada choque!

Diario dun Mercado. Episodio 129

Riotorto está moi vivo. Isto e moito máis nun novo capítulo deste verán

Diario dun Mercado. Episodio 126

Encaramos os últimos días do mes de xullo e os nosos equipos continúan coa súa posta a punto. Neste episodio con especial protagonismo para os conxuntos da Primeira Autonómica. O Lourenzá fichou a Pablo López, porteiro formado nas categorías inferiores do Burela que militou a última temporada no Celeiro. Xunto con Bugui defenderá a portería […]

O partido en imaxes: Río Sil-Antas (1-2)

O Río Sil é novo equipo de Segunda Autonómica. Pero non conseguiu o ascenso sen sufrir, máis ben todo o contrario. Na eliminatoria decisiva, tras vencer 0-2 no Castro Seoane, acabou pedindo a hora polo asedio que sufriron na súa casa, nun choque que rematou 1-2.

O partido da xornada . . . U.D. Folgueiro – S.D. Guitiriz: un obxectivo en noventa minutos

  A penúltima xornada de liga en Segunda Autonómica pode decidir, de xeito definitivo, varios ascensos. No grupo Sur, aínda que son máis os que teñen opcións, San Roque, Palas e Guntín xogaranse as dúas prazas que outorgan o pase a Primeira. Na zona norte da nosa provincia, un enfrontamento destaca por enriba do resto. […]

O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – Viveiro C.F.: derbi mariñán con moito en xogo

Con tan só sete xornadas para o final de liga, o derbi mariñán deste domingo ás 17:30 horas no Pepe Barrera entre Ribadeo e Viveiro antóllase trascendental. Cos dous equipos na zona alta da Preferente, pero cos ribadenses aparentemente lonxe da hipotética pelexa polo ascenso, o conxunto visitante, segundo clasificado, afronta unha das saídas máis […]

O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – S.D. Sarriana: derbi de altura no Pepe Barrera

A Preferente achéganos un derbi provincial do máis interesante. Este sábado ás 17:30 horas, no Pepe Barrera mídense Ribadeo e Sarriana. Para o conxunto local, un partido máis, co oxectivo de mantela boa dinámica da segunda volta, mentras que para os visitantes é unha das nove finais que lle restan para tentalo asalto á segunda […]

As opcións de ascenso dende a Terceira Rexional

O Entroido serviu, entre outras moitas cousas, para que os equipos da Terceira Rexional non tiveran competición. Xusto antes de afrontar a súa particular recta final. Restan catro xornadas e todo aínda está por decidir na última categoría do fútbol afeccionado lucense. Aínda que a algúns clubs lles quedan menos de catro partidos por xogar, […]

O partido da xornada . . . Racing Vilalbés – Bergantiños C.F.: o líder examina o bo momento dos de Simón Lamas

Nunca é bo momento para recibir ao primeiro clasificado, pero se calquera siareiro do Racing Vilalbés tivera que elixir un, ben seguro que sería agora. Este sábado, ás 17 horas a Madalena vestirase de gala para o encontro entre o conxunto local e o Bergantiños, líder da Terceira División. O cadro chairego encadea cinco partidos […]

As nosas redes falan

Hai moitas vertentes coas que se pode catalogar unha decisión arbitral; máis naturalidade e menos forofismo é o que se precisa na maior parte dos casos. Hoxe explicamos as actuacións arbitrais ao noso xeito. Ademais, rescatamos unha desas xa famosas fotos de vestiario dun equipo que está á alza e destacamos unha iniciativa especial para […]

As nosas redes falan

A última fin de semana de novembro foi especial polo compromiso amosado en moitos dos campos da provincia que se sumaron á campaña «En negro contra as violencias». Non obstante, botouse en falta xente; algúns d@s que non se perdían ningún partido deixaron de alentar dende a bancada. Aínda que de seguro o seguirán facendo […]

As nosas guerreiras do fin de semana

[themoneytizer id=»15360-28″] O fútbol feminino provincial está acadando magníficos resultados estas xornadas. Comezando polo CD Lugo-PM Friol, que venceu por 1-2 na casa do Racing de Santander e comeza a postularse como un dos equipos candidatos ao ascenso á Primeira División.

Qué ver esta fin de semana (11-12 novembro)

O menú futbolístico desta fin de semana trae plato único para o sábado, un plato de base. Duelo de necesitados nos Escolapios: Calasancio-Lérez infantil. O domingo triple opción para a tarde do domingo. A que mellor vos veña ou a que máis convenza. Na Marosa, o Burela tentará roubarlle o liderado de Segunda ao Guitiriz. […]

En marcha a Segunda feminina con representación lucense

Chegou o outono e, con el, inícianse as competicións que faltaban por comezar nesta temporada. A Segunda División feminina bota andar nos grupos 1 e 2, despois de varios problemas para a confección dos grupos, mentras que o grupo 3 (equipos de Pontevedra) xa van pola quinta xornada. Este curso a provincia de Lugo estará […]