#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Terceira Futgal

Sesión Plenario 28: Oskarinho-Esteban Carracedo

28ª Sesión Plenario trae o cuarto e último cruce dos cuartos de final. Xogan o fiel seguidor do Lourenzá ‘Oskarinho Docampo’ e o xogador do Catro Roldas Esteban Carracedo.

Nesta última entrega seguimos coñecendo canto saben de si os nosos participantes. Tamén falamos de actualidade. De novas chegadas aos bancos da provincia así como das finais de Copa que se celebran esta semana. E, por suposto, houbo espazo para a nosa historia na clásica rolda de ‘Verdadeiro ou Falso’. Así como para analizar o fenómeno All Star Futbolinlugo!

XA COÑECEMOS Aos catro SEMIFINALISTAS

Á espera de que vexades o resultado entre Oskarinho e Esteban, Lourido xa está clasificado para xogar as semifinais ao igual que Juan Rodríguez e o excolexiado David Rodríguez.

Chegados a este punto, queremos recordar que os emparellamentos dos cuartos final tamén foron formados por sorteo. Non obstante, as eliminatorias non seguirán a orde do cadro e iranse xogando en función da dispoñibilidade dos participantes.



Á diferenza da primeira rolda, pero ao igual ca nos oitavos, a quenda de xogo vén dada polo propio sorteo. Comezan a responder de primeiros os concursantes cuxa papeleta saíu de primeira.

Esta sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.

O redactor Diego Díaz foi o encargado de presentar esta vixésimo oitava Sesión Plenario que contou coa presenza do colaborador Plenario Veiga.



Sesión Plenario 28: Oskarinho-Esteban Carracedo

Diario dun mercado. Episodio 346

Sesión Plenario 28: Oskarinho-Esteban Carracedo

Cospeito e Paradela, dous novatos na final

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *