A 22ª Sesión Plenario trae o sexto cruce dos oitavos de final. Xogan o adestrador do Cospeito, Luis Romay e o delegado da SD Burela, Manu Martínez.
A emoción mantívose ata o final e a vitoria foi moi competida. De feito, por primeira vez nesta rolda de oitavos houbo que botar man dunha quenda extra de preguntas.
O futbolista lucense Luis Díaz converteuse no protagonista final que decantou o triunfo para o gañador. O mediocentro que esta temporada xogou na 3ª RFEF no cadro das Somozas estaba presente na última pregunta desta Sesión.
Juan Carlos non estivo en Vilalba
Como xa está sendo habitual nestas eliminatorias, comezamos preguntando aos xogadores por algún aspecto futbolístico relacionado co seu contrario. Luis Romay ademais de ser adestrador do Cospeito é xogador da SD Pol de veteráns. Pola súa banda, Manu Martínez ten no vestiario do Burela a seu irmán, Simón Martínez.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Pasamos tamén polo ascenso conseguido hai días polo Meira que xa é equipo de Pri – Meira. Ademais houbo un Rey que hai dúas semanas tivo un papel clave na vitoria do Racing Villalbés ante o Arousa. Un partido no que o Racing conseguiu o acceso a unha fase de ascenso na que segue moi vivo.
Viaxamos ata Monforte para preguntar por dous irmáns que sobresaen a súa calidade polo sur da provincia. Adri Díaz Pérez, actualmente xogador da Sarriana e Iker Díaz Pérez, futbolista do Atlético Escairón.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2023/04/anuncio_IIIAllStar.jpg)
Unha das novas das últimas semanas, está na celebración do III All Star Futbolinlugo en Mondoñedo o 1 de xullo. Por iso, nesta eliminatoria quixemos lembrar como foran outros All Star. Falamos dos adestradores que pasaron polo evento referncia do balompé sénior lucense.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Na última rolda regulamentaria démoslle o protagonismo a historia. Dous equipos da Preferente (Portomarín e Sarriana) fan anos en 2023 cunha cifra redonda.
CINCO Concursantes Clasificados Nos Oitavos De Final:
Á espera de que vexades o resultado entre Luis e Manu, hai catro participantes máis que xa accederon aos cuartos de final. Tanto Tucho como Lourido , xunto con David Rodríguez, Juan Rodríguez e Isaac Rouco están dentro dos «oito mellores» que xogarán por chegar a gran final do concurso que entretén e difunde o fútbol lucense.
Os cruces dos oitavos de final foron formados por sorteo. Non obstante, as eliminatorias non seguirán a orde do cadro e iranse xogando en función da dispoñibilidade dos participantes. Por mor de diversos problemas, o concurso sufriu un parón nas últimas semanas. Pedímoslle desculpas aos nosos fieis seguidores pero a incompatibilidade horario imposibilitou manter a rutina.
Á diferenza da primeira rolda, a quenda de xogo vén dada polo propio sorteo. Comezan a responder de primeiros os concursantes cuxa papeleta saíu de primeira.
Esta sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
O redactor Iván Calaza foi o encargado de presentar esta vixésimo segunda Sesión Plenario que non contou excepcionalmente con Plenario Veiga.
O Burela e o Cospeito protagonistas da Sesión
Os dous participantes da Sesión están inmersos na recta final da temporada dos dous euipo. Manu Martínez é consciente do baixón dos últimos partidos do Burela que ten garantida a súa presenza na Primeira un ano máis: «Non gañamos moito ultimamente pero seguimos pasándoo ben», sentencia o delegado.
Pola súa parte, o Cospeito afronta nesta recta final de curso a fase de ascenso á Primeira Rexional. Finalizou quinto no grupo norte da 2ª e xoga unha primeira eliminatoria a dobre partido co Folgueiro.
«Afrontamos a fase con moita ilusión. Sendo conscientes de que calquera dos catro equipos podemos acadar o ascenso. Non temos nada que perder e somos un equipo que lle podemos gañar a calquera«, deixa de manifesto o míster.