A décimo sexta Sesión Plenario deixou un cruce entre goleadores. Na última das repescas desta Primeira Fase xogaron o dianteiro do Relámpago Taboada Víctor Valiño ‘Valigol’ co xogador do Ribeira FS e seguidor do Fonsagrada Javi Regueiro.
Foi unha Sesión Plenario marcada polo gran número de acertos de ambos contrincantes, co cal a emoción estivo garantida ata o final. Falamos de actualidade, de onces históricos, de campos e adestradores… Sen olvidarnos do xa tradicional Verdadeiro ou Falso.
os oitavos de final xa están ao completo
Con esta Sesión, Futbolinlugo completa o cadro de 16 participantes que acceden á segunda fase. A Valigol ou Regueiro (hai que ver o vídeo para saber quen gaña) uniranse os seguintes 15 xogadores:
1. Lourido, xogador do Meira
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2020/10/regue3.jpg)
2. Oskarinho Docampo, directivo do Lourenzá
3. Chapu, presidente do Portomarín
4. David Rodríguez, excolexiado
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
5. Isaac Rouco, adestrador do fútbol lucense
6. Tucho, seguidor do Cospeito
7. Luis Romay, adestrador do Cospeito
8. Esteban Carracedo, xogador do Catro Roldas
9. Noelia, seguidora do Burela
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
10. Manu, delegado do Burela
11. Kiños, xogador do Folgueiro
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2023/02/RELAMPAGO_VALINO-edited.jpg)
12. Antón Teijeira, xogador do Iberia
13. Andrés Rodríguez, adestrador da Comercial
14. Koeman, presidente do Antas
15. Juan Rodríguez, segundo adestrador do Racing Villalbés
Gustaríanos recordar que esta sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.
O redactor Diego Díaz foi o encargado de presentar esta décimo sexta Sesión Plenario que contou tamén coa presenza do propio Plenario Veiga.