#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal

Sesión Plenario 10: Andrés Rodríguez – Kevin Varela

Futbolinlugo estrea o décimo capítulo de Sesión Plenario. A eliminatoria número dez cruzou a dúas persoas moi ligadas ao fútbol da provincia. Por unha parte, xogou Andrés Rodríguez, adestrador da Comercial e seleccionador lucense sub-11. Do outro lado estivo Kevin Varela, natural de Agolada, e con pasado no fútbol da nosa provincia. Un gran seguidor do balompé lucense. A eliminatoria foi a cara de can e decidiuse nun pequeno detalle.

As inscricións en Sesión Plenario aínda están abertas, aínda que as prazas dispoñibles son escasas. Quen estea interesado debe mandar un correo a futbolinlugo@gmail.com co asunto SESIÓN PLENARIO. En total serán 28 concursantes nesta primeira temporada.

Por Sesión Plenario pasaron xa xogadores, integrantes de corpo técnico, directivos e afeccionados. Polo momento xa hai dez clasificados para a seguinte rolda do espazo que entretén e difunde o fútbol da provincia. A Mariña é polo momento a zona xeográfica que máis participantes ten nos oitavos de final.

O dianteiro Kiños do Folgueiro, o delegado Manu e a afeccionada Noelia do Burela, o atacante Antón Teijeira do Iberia e o dianteiro do Xove Lago Diego Chao son catro dos que xa accederon de rolda. Isaac Rouco Tucho representan á Terra Chá.



Pola súa banda, David Rodríguez e o Chapu deixan quedar ben a Portomarín. Ademais de representar por todo o alto ao mundo da arbitraxe e das directivas, respectivamente.

Concursantes na repesca (xogaranse dúas prazas para os oitavos de final):

1. Lourido, xogador do Meira



2. Víctor Valiño, futbolista do Relámpago Taboada

3. Sotogol, xogador do Celta Barreiros

4. Samu López, futbolista do Racing Villalbés B

Esta sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.

O redactor Diego Díaz foi o encargado de presentar esta novena Sesión Plenario que contou tamén coa presenza do propio Plenario Veiga.



Sesión Plenario 10: Andrés Rodríguez – Kevin Varela

A Porra de Futbolinlugo, 16

Sesión Plenario 10: Andrés Rodríguez – Kevin Varela

Residencia e Ribadeo comezan o ano gañando

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *