#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Segunda Futgal

Sesión Plenario 03: Sotogol – David Rodríguez

Futbolinlugo estrea o terceiro capítulo da nova sección titulada Sesión Plenario. Tal e como viñamos anunciando nas últimas semanas trátase dun concurso que ten por obxectivo o entretemento e a difusión do fútbol lucense.

En cada programa participarán dous concursantes. Haberá cinco preguntas para cada un e o que máis acerte accederá a unha seguinte eliminatoria. Así sucesivamente ata chegar a gran final cuxo gañador levará un gran premio.

Na segunda eliminatoria participaron o dianteiro do Celta Barreiros Manuel Soto ‘Sotogol’ e o excolexiado David Rodríguez. Polo momento aproveitándose da oferta que temos para os primeiros concursantes: ningún queda eliminado, xa que o perdedor queda encadrado nunha repesca. Isto só volverá pasar no seguinte programa.

Esta nova sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.



Dende aquí animamos a toda a comunidade do noso fútbol a participar neste proxecto. O primeiro paso é moi sinxelo; enviar un correo a futbolinlugo@gmial.com co asunto ‘SESIÓN PLENARIO’. O segundo paso aínda é máis fácil porque pasalo ben está asegurado.

Neste segundo programa Sotogol representou simbolicamente ao Celta Barreiros e David Rodríguez fixo o propio co gremio dos colexiados e o Portomarín, club do que é afeccionado. Como o cadro mariñán está por baixo en categorías, foi o punta lucense o que abriu a quenda das preguntas. O redactor Diego Díaz foi o encargado de presentar esta terceira Sesión Plenario que contou tamén coa presenza do propio Plenario Veiga.



Sesión Plenario 03: Sotogol – David Rodríguez

A Porra de Futbolinlugo, 10

Sesión Plenario 03: Sotogol – David Rodríguez

O Racing Vilalbés golea e suma a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *