Seguinte parada, a Preferente

A RFGF marca e explica o inicio da Preferente

A semana que vén comezará a Terceira División galega. E a seguinte en facelo, será a Preferente. A esa conclusión se chegou na reunión de onte entre a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) e os clubs de Preferente. Aquí vos deixamos os principais puntos tocados na mesma:

A RFGF presentará nos vindeiros días un protocolo á Xunta, (que esta tería que aprobar).

-Como alternativa ó uso de máscara (á que os equipos son contraria), proponse a realización de test serolóxicos a xogadores e corpo técnico cada dúas semanas.

-A RFGF cubriría a metade dos costes dos test, mentres que se está a estudar a fórmula da outra metade, pero cabería a opción de que tiveran que facerse cargos os clubes.

-O inicio da competición dataría do 29 de novembro, e habería un cambio no formato de competición previsto inicialmente, polo que quedaría da seguinte maneira:

Tres subgrupos, dous de 8 equipos e outro de 7 equipos, no que estarían encadrados os sete equipos lucenses.

Os dous primeiros de cada subgrupo clasificaríanse para unha liguiña de ascenso, mentres que o resto loitarían pola permanencia.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 861

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.