SD Antas e San Lázaro, lanzadas a polo ascenso
-
- 0
- 7min de lectura
CD Lugo e PM Friol descansaron esta fin de semana na que a Terceira RFEF non desputou encontros polo parón de seleccións.
A pesares do bo traballo do equipo albivermello, as luguesas non foron capaces de importe á SD Orzán B. No primeiro minuto do encontro, tras o saque de centro, o equipo tivo unha gran oportunidade e marcar cun balón que petou no largueiro.
Pola contra, a SD Orzán B non fallaba e anotaba grazas a unha xogada de saque dende o curruncho. Adiantándose no marcador. Ampliarían a vantaxe as visitantes grazas a u nsegundo gol nunha xogada na que collen ás xogadoras do CD Lugo B ás costas.
A primeira parte tivo oportunidades para ambos equipos e, foi nunha delas cando o filial lugués conseguiu anotar grazas a que Ánxela, tas un pase de Xiana, consegue quedar soa diante da porteira e batela.
Xa na segunda parte, o xogo decorre ao ritmo imposto polo equipo visitante, deixando ao CD Lugo só coa opción de saír á contra nalgunha ocasión, chegando perigosamente á área rival. Blanca, Ánxela e Lucía tiveron nas súas botas a oportunidade de marcar, pero a mala sorte e a boa actuación da porteira do Orzán evitárono.
Bo partido a pesares do resultado dun filial lugués ao que xornada tras xornada se lles nota melloría.
Na casa do Almeiras, o PM Friol B non tivo o seu día. As friolesas acudiron ao encontro co equipo pragado de baixas, mais coa intención, coma sempre, de gañar.
Porén, o PM Friol B non competiu nada ben, sucumbindo ao ritmo de xogo (con interrupcións continuamente) imposto polas locais e nun terreo de xogo de pequenas dimensións no que o equipo friolés tampouco se atopaba cómodo. Ademais, a calor abafante (o partido xogouse ás 12.00h) fíxose tamén notar.
O PM Friol B, salvo algunha contra e xogadas a balón parado, non tivo ocasións. Un partido para esquecer das friolesas que xa pensan no derbi da vindeira semana ante o CD Lugo B.
Partido moi cómodo para un Antas con moita pegada ante o Xuventú Aguiño a domicilio. O encontro comezaba con dominio das seoanesas, intentando facer dano ás costas da altísima liña defensiva tirada polo Aguiño.
Un bo balón de Maite é aproveitado por Jenny para, cun bo control, regatear á porteira e abrir o marcador.
Belén aproveitaría un man a man chegando en segunda liña para cruzar e bater á porteira cun disparo cruzado, poñendo xa o 0-2 no marcador antes do descanso.
Tras o paso polos vestiarios, a SD Antas segue dominando o encontro e intentando facer xogadas máis elaboradas e con máis calma. Así, Marta anotaría de cabeza á saída dun córner (0-3) e Jenny, grazas a un balón filtrado de Nuria, pon o 0-4.
Xa nos intres finais do partido, Jenny completaría o seu particular hat-trick cun fermoso gol totalmente inalcanzable para a gardameta local.
O encontro comezou igualado, con moitas ocasións perigosas para ambos equipos, coa SD Chantada facendo dano, especialmente, grazas ao balón parado.
No minuto 41′, unha falta deriva na expulsión dunha xogadora porriñesa por protestar. Porén, serían tamén o Porriño quen anotaría, xusto antes de chegar ao descanso, por medio de Lara. Adiantándose así no marcador antes do paso polos vestiarios.
Xa na segunda parte, a SD Chantada amosouse superior e dominou o partido deixando ao Porriño case sen ocasións. Nunha falta no medio do campo, Noelia amosaría o seu gran golpeo dende a longa distancia para anotar o gol do empate, pola escuadra, no 68′.
O marcador xa non se movería máis para que o encontro rematara cun empate e nun partido que finalizou 3 minutos antes polo balonazo recibido pola propia goleadora do Porriño e que obrigou a que intervira a ambulancia.
Malia que o partido comezou complicándoselle ao San Lázaro máis do agardado, cunha SD Dubra adiantándose no marcador primeiro cun gol logo dun mal rexeite da defensa das luguesas e, o segundo, tras un erro groseiro na saída do balón ao que este San Lázaro non nos ten acostumadas.
Co marcador desfavorable, dous goles abaixo, o San Lázaro acusou os nervos e custuolle marcar. Ata que Irene abriu a «lata» dos goles e, a partires de aí o equipo foi medrando e con el os goles. Irene firmou o seu dobrete particular, como tamén fixo Mireia. Luanda, Lucía, Kaou e Lidia uníronse á festa dos goles para que, finalmente, o San Lázaro levara o partido (8-2) ante o Dubra.
Como bo derbi, o partido foi moi desputado con dous equipos: Milagrosa e Comercial, ao máximo nivel. Porén, os pequenos detalles fixeron que, os 3 puntos deste derbi, quedaran na casa, para as locais, a Milagrosa.
O partido comezou moi desputado, cunha primeira parte na que ambos equipos estiveron moi parellos tanto en chegadas á área rival como no dominio xeral do partido.
Sería no minuto 23′ a Milagrosa a que se poría por diante grazas a un gol de Irene García. Porén, a Comercial seguiu apretando e, tan só 6′ minutos despois, Lara Carrera volvía a por as táboas (1-1).
Irene de novo, respondía rápido (no 32′) adiantando de novo ás locais para que a Milagrosa se marchara ao descanso por diante no marcador (2-1).
Porén, a Comercial non estaba disposta a tirar a toalla así como así e seguiu apertando até que, Andrea Pasarín devolvía a igualdade máxima ao luminoso no 60′ (2-2).
Coa calor abafante, a Milagrosa volvía a pórse por diante no marcador 5 minutos despois grazas a un gol de Alba Madarro (3-2), un resultado que non mudaría xa até o desconto, no que de novo Irene anotaba para deixar finalmente o luminoso no 4-2 definitivo e ela anotándose un novo hat-trick logo do póker da semana pasada.
Pese á derrota, a adestradora da Comercial, Vicky, amosouse moi contenta e orgullosa das súas xogadoras que, pese a ir por debaixo no marcador, conseguiron igualar o partido en dúas ocasións e loitar pola vitoria até o final.
Pese a que Paula Pérez adiantaba ás monfortinas xa no minuto 11′ e Laura Correas aumentaba a vantaxe só 3 minutos despois dende os 11 metros, os folgos acabáronselles ás xogadoras do Monte Forte a partir do minuto 20 e o partido converteuse nun festival do Órdenes.
Precisamente dende o 20′, os goles das locais sucedéronse acordes ao dominio total que tiñan do partido. Resultado final dun 8-2 nun encontro no que o Monte Forte comezou ben e axiña desapareceu.
Cun equipo pragado de baixas presentábanse as de Sementa no Viso de Arzúa. En só 8′ adiantábanse as locais por medio de Alba Paz.
O Carballedo nunca chegou a atopar o seu lugar neste encontro, cunha calor abafante, sen apenas cambios e nun campo demasiado grande para o que ‘as guerreiras’ están acostumadas a xogar.
Vitoria clara do Arzúa cun contundente 5-0 e co Carballedo coa vista posta xa no seguinte partido.