Era un segredo a voces. Residencia e San Roque unen as súas forzas. Porén, en qué consiste exactamente este acordo? Nesta entrada, explicámosvos todos os detalles grazas á axuda dun dos grandes implicados: Manolo García. Él emerxe como a gran visible deste acordo. Manolo é o novo adestrador do San Roque. Todo elo despois de que o seu antigo equipo, a Residencia B, pasase a mellor vida. Pasou por unha boa causa: «Darlle a mellor saída posible aos sub 23», en palabras do propio técnico. Co cal o San Roque convertiuse así no novo filial da Residencia da Preferente. Iso sí, ambos clubes siguen funcionando de maneira independente na súa base.
A iniciativa saíu das dúas directivas. «Julio e Montero son amigos e buscabamos que a xente suba e poida competir en Preferente. Tiñamos dúas ou tres xeracións moi boas e queríamos axudarlles a tentar dar o salto», explica Manolo García. A idea de traballo será similar á que tiñan ambos clubes. Adestrar tres días, e traballar e competir ben. Mesmo se está negociando a incorporación dun preparador físico. As sesións preparatorias e partidos terán lugar principalmente no Polvorín. Non será o único escenario. A Cheda estará sempre dispoñible tanto para exercitarse como para os encontros oficiais. De feito, quérese que Residencia e San Roque adestren un día á semana de maneira conxunta.

Porén, non é ouro todo o que reloce. Manolo García é consciente da dificultade da Primeira Galicia. En especial, da que se nos vén esta tempada. «O obxectivo principal é salvar a categoría, vai ser moi dura». Antes disto, o técnico prefire centrarse na súa principal preocupación: facer equip. «Hai un gran hándicap. Xuntas dous grupos con xente de diferentes idades. Hai que consolidar o grupo antes de nada. Iso é o que máis nos vai custar», comentou o xa técnico branquiverde.
Co cal García buscará consolidar un bloque homoxéneo coa base do San Roque, que se mantén, e os doce ou trece xogadores que xa tiña na Residencia B. Iso sí, ao mellor tarda un pouquiño máis do previsto posto que seis xogadores seus realizarán a pretemporada co primeiro equipo da Residencia: Esteban, Carlitos, Sergio, Xairo, Aldo e Zapico. Estes futbolistas terán ficha co San Roque e alternarán co conxunto de Preferente, mostrando así o inicio do que parece unha relación estable a medio-longo prazo.

