#Fútbol afeccionado

Palabra de… Pablo Navia: «Desvirtuación do deporte rei»

Becerrea, alí empezou todo

Cando desde Futbolinlugo me pediron unhas palabras, dinme conta que desde fóra se pode opinar con unha visión moito máis ampla. Así que, aproveitando que é o primeiro ano que non me visto de curto, nin vou estar vinculado a este deporte mais que como un mero afeccionado, supoño que podo interpretalo mellor que nunca.

Para comezar gustaríame citar unha reflexión de Marcelo Colussi. Onde se preguntaba, se nun mundo onde absolutamente todo é mercancía negociable, non ten nada de especial que o deporte, e o fútbol en especial, como calquera outro campo de actividade; sexa un produto comercial máis, xerando ganancias a quen o promove. Que non é que sexa reprochable, simplemente reafirma que no esquema universal no que se sostén o mundo moderno, todo é un ben para o intercambio mercantil: a recreación, a saúde, os alimentos, a educación, a guerra… 

E agora quero preguntar a familiares, medios de comunicación, axentes, institucións ou sociedade en xeral, que estamos a facer con este deporte?

É certo que somos un mundo cruel, egoísta, avaricioso e inculto e as situacións sociais que vivimos demóstranolo diariamente. Pero hoxe, estamos a tratar a realidade actual do fútbol e a súa influencia nas nosas vidas.  Vamos referirnos a el como deporte, por chamalo dalgunha maneira, xa que, para min perdeu esa esencia fai tempo. Hoxe en día podería chamarlle mafia, negocio, medio de aliñamento de masas ou outras moitas cousas, pero desde logo deporte non. Fai uns día podíamos ver a celebración da gala dos premios ‘The Best’. Desde o meu modo de ver, unha pantomima máis, para xerar expectación e debate. Xa que é obvio, que calquera premio individual masculino ten que ser para Messi. Ja, ja, ja.



A época coruñesa de Navia

Volvendo o fío da conversa, creo que todos temos unha responsabilidade, para que o fútbol sexa un medio de transmisión de valores para novas xeracións. Aproveitando a repercusión que ten, empregalo para fomentar a actividade física, o traballo en equipo, o respecto polos compañeiros, rivais, árbitros, afeccionados, etc.

Pero a responsabilidade máis grande, tal vez resida nos pais e nais dos cativos, neles está o poder de inculcarlle aos rapaces eses valores, evitar que os clubs e axentes os traten como mercancías e afastalos da imaxe manipulada que dan os medios de comunicación deste xogo.

Probablemente ningún de nós poida cambiar a situación global deste deporte, nin de outros moitos despropósitos sociais, pero cando menos poderás sentirte orgulloso de formar persoas e non falsos “futbolistas”.



Pablo ‘Navia’ González Pérez. Dianteiro especialista en dianas.

Palabra de… Pablo Navia: «Desvirtuación do deporte rei»

O partido en imaxes: Ferreira-Río Sil (5-1)

Trio de Ases Terceira e Preferente (Xornada

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *