Labrada: «Estou convencido que o Ribadeo manterá a categoría sen problema»

A etapa de Ramón Labrada á fronte do Ribadeo resultou máis breve do agardado. O técnico chegou ao Pepe Barrera o pasado verán avalado pola súa boa labor no Riotorto e no Meira, pero o mal comezo ligueiro (tres puntos en sete xornadas sen coñecer a vitoria), levaron a club e adestrador a separar os […]

María Valcárcel, CD Lugo: «Estou volvendo a ser a María que era»

É a súa cuarta temporada no CD Lugo. É unha das futbolistas de referencia no cadro de Joaquín Blanco desde o berce do proxecto. Agora, a de Melide xogará coas cores albivermellas na que será a estrea da sección feminina no Anxo Carro. Será este sábado, ás 17.00, diante do filial do Sporting de Xixón. […]

Cinco goles para festexar a quinta do Goiriz

Intratable se está a amosar o Goiriz neste comezo ligueiro no grupo norte da Terceira Futgal. O quinto Tres en Raia En Boas Mans achéganos outras tantas vitorias do conxunto chairego, que se desfixo con facilidade do Catro Roldas. O Abadín, con tres encontros disputados, é o outro conxunto que se mantén invicto. Nesta xornada […]

Un Boa Vista renovado, o Muimenta sen míster e o San Roque en forma

O Iberia líder por primeira vez na tempada O Iberia goleou en Cospeito (0-9) e aproveitou a derrota do Sanci para colocarse no primeiro posto da clasificación. Mantense sen perder, tras un partido no que amosou a súa superioridade. Sobresaíu Carlos, anotou dous goles e deu tres asistencias. Esta semana Adri Cubelas pasou polo quirófano […]

O Antas celebra unha vitoria esta tempada

Antas e San Lázaro, únicas vitorias do fútbol feminino da provincia

Derrota pola mínima para PM Friol e CD Lugo Derrota do PM Friol no campo do Lóstrego CF tras un partido no que as amarelas xa entraron mal. Nunha xogada na que as friolesas perden o balón, o Lóstrego aproveita para marcar o único gol do partido no minuto 8′ de xogo por medio de […]

Os 7ºs Máxicos deixan moitas remontadas

Salvatierra Abogados trae unha nova edición duns Máxicos que están a ofrecer moito espectáculo nas xornadas iniciais desta 24/25. O Santaballés remonta diante do Monterroso (2-1). O Monterroso forzou unha pena máxima nos intres iniciais e Jorge non fallou desde os once metros. O Santaballés non modificou o seu plan de partido e gozou de […]

A Sarriana sitúase a punto do líder

O Trío de Ases O Cantón tráenos unha sóa vitoria lucense nesta xornada. A da Sarriana no ata de agora infranqueable campo do Estradense, líder da Terceira RFEF. O Racing Vilalbés e o Polvorín igualaron no campo de Boiro e Vilalonga, respectivamente. O Viveiro desaproveitou unha importante vantaxe e caeu na súa visita ao Gran […]

Aarón Bermúdez, CD Foz: «Ao principio pensei en deixar de xogar»

O focense Aarón Bermúdez (2005) rompeu a tibia e o peroné a pasada semana no duelo que enfrontaba ao seu cadro cos veciños do Burela. Agora, o futbolista comeza a súa recuperación con moitas gañas de pisar de novo o céspede do Martínez Otero. Futbolinlugo: Puideches comezar xa a facer algo de vida normal? Aarón […]

Samu Orosa lidera a primeira do Catro Roldas

O Tres en Raia En Boas Mans da cuarta xornada tráenos a primeira vitoria do Catro Roldas. Foi na Canteira diante do Friol B. O Goiriz segue intratable e conta cun pleno de puntos tras golear ao Celeiro. Abadín e Rioaveso gañaron a domicilio, mentres que o Cazás venceu ao Matela nun choque entre dous […]

O Sanci está de 15 e o Ferreira estrea liderado

O San Ciprián superou ao Cabreiros (4-0). 15 puntos en xogo, 15 sumados e 15 goles a favor. Son os números do 15 que presenta o San Ciprián en cinco xornadas. Aos locais saíulles o encontro de cara xa nos primeiros minutos. Adiantáronse por medio de Borja Mella, tras centro de Bruno. Uns minutos máis […]

Exhibición goleadora dun San Lázaro que apunta alto

O PM Friol xoga á lotaría e tócalle no desconto «O resultado xusto sería un 2-2«, admiten dende o PM Friol e, con esa afirmación pouco habitual do equipo que rematou gañando por un 4-2; resume ben o partido. As friolesas non xogaron ben. As súas rivais, as xogadoras do Bergantiños, aínda que se sitúan […]

Pouca efectividade nos Máxicos da xornada 6

Os Máxicos da Primeira Futgal seguen a facer das súas para outogarlles puntos aos seus equipos. Salvatierra Abogados patrocina un martes máis unha das nosas seccións predilectas. O Guntín e o Racing Villalbés ‘B’ igualan sen goles (0-0). Partido con moito fútbol directo, duelos e segundas accións nas que o cadro local tivo un pouco […]

O Pol logra a primeira vitoria da historia na Preferente

O Trío de Ases O Cantón achéganos a un día histórico no Municipal de Pol. O cadro local logrou a primeira vitoria da súa historia na Preferente. Foi no derbi provincial diante dun Ribadeo que segue sen gañar. O Lemos igualou no campo do Val e o Escairón caeu na casa co Lalín. Na Terceira […]

Dani Delgado (Escairón): «A vitoria foi un premio tras varias xornadas sen sorte»

Chegou a primeira vitoria do Escairón no seu retorno a Preferente. Os do Saviñao, que se están a amosar moi competitivos neste comezo de temporada, tiveron que agardar á quinta xornada para celebrar o primeiro triunfo. E este chegou fronte a un conxunto que contaba os encontros por vitorias, o Dubra. Os de Óscar Moure […]

Álex Novás, Santaballés: «O pouco tempo que me queda vai ser na Liga»

O CD Santaballés é un dos equipos referencia na Primeira Futgal. Consolidados desde fai unha década na categoría —con dous anos consecutivos na Preferente polo medio—, os chairegos presumen de bo facer por toda a provincia e son unha das entidades a imitar na comarca. Porén, un proxecto tan só se sostén con líderes, tanto […]

Sober e Sarriana B gañan de sete

A terceira xornada do Tres en Raia En Boas Mans de Terceira Futgal foi unha auténtica toleada de goles no grupo sur. A Sarriana B venceu por sete ao Bóveda e o Sober fixo o propio na Carqueixa fronte ao Río Sil no derbi. Pero Sporting Lucense e Monterroso B meteron catro cada un a […]

Madariaga, outro porteiro goleador e os 3 de Rodri

Madariaga é xa o segundo porteiro goleador na provincia no que vai de temporada. Madariaga marcou o gol do triunfo do San Ciprián ante o Folgueiro. Hai unhas semanas, Losada no Lemos tamén marcara. O gol de Madariaga permítelle ao Sanci ser o único equipo da Segunda que gañou os catro partidos. Na zona sur, […]

O PM Friol B estrea o casilleiro

O PM Friol segue sumando pese a non facer o seu mellor partido. As friolesas non entraron ben no partido aínda que co paso dos minutos conseguiron irse atopando máis cómodas e mellorar no seu xogo. O gol chegaría cun disparo dende fóra da área, pegado á banda, co que o balón entrou na portería […]

Goles dos Máxicos en todos os campos

5 xornadas despois do comezo da competición, os Máxicos comezan a esbozar os seus obxectivos reais de cara á campaña. Salvatierra Abogados patrocina unha vez máis a sección. O Lourenzá cae ante unha boa versión do Guntín (0-2). Os visitantes estiveron moi serios ao longo dunha primeira metade na que apenas deron opción ao Lourenzá. […]