Celeiro e Chantada Atlético B debutan con goleada

A segunda xornada do Tres en Raia En Boas Mans na Terceira Futgal déixanos un triple empate no liderado do grupo norte. Matela, Goiriz e Cazás contan os seus encontros por vitorias, mentras que o Celeiro estreouse con goleada tras o adiamento do seu encontro na primeira xornada. No grupo sur, Monterroso B e Sporting […]

O PM Friol resárcese coa vitoria ante As Celtas

O CD Lugo caeu pola mínima ante o Deportivo de La Coruña ‘B’, para encadear así o seu terceiro partido sen gañar. As xogadoras lucenses e o seu adestrador sabían que era un encontro complicado no que ían sufrir. Enfrontábanse a un dos mellores equipos da categoría: o Deportivo ‘B’. As albivermellas conseguiron estar ben […]

Moitas vitorias visitantes nos Máxicos da xornada 4

Os Máxicos da Primeira Futgal disputaron unha cuarta xornada chea de emoción. Contámola, unha vez máis, da man de Salvatierra Abogados. O filial do Racing Villalbés vence a un bo Lourenzá (0-1). O vento condicionou unha primeira metade na que ambos conxuntos procuraron evitar erros. Porén, no segundo tempo, os de Iván Lamas deron un […]

O Viveiro camiña con paso firme na Terceira RFEF

O Trío de Ases O Cantón déixanos ao Viveiro na segunda praza da Terceira RFEF. O cadro mariñán gañou en Cantarrana ao Vilalonga e mantense invicto. Tamén gañou o Polvorín na Cheda ao Arteixo. Colleitaron a primeira derrota do curso a Sarriana e o Racing Vilalbés, ambos como locais, fronte a Boiro e Arousa respectivamente. […]

O partido en imaxes: Residencia – Lourenzá (6-0)

O noso amigo Roberto Carreira ameniza a tarde do domingo cunhas imaxes do duelo que mediu á Residencia e ao Lourenzá na Primeira Futgal. Unha vez máis, o colexiado inmortalizou un choque moi intenso e atractivo.

Losada (Lemos): «Primeiro rematei fóra pero na segunda xa foi gol»

É o gardameta do moda no noso fútbol. O futbolista do Lemos e dúas veces All Star Futbolinlugo Pablo Losada Gutiérrez (Monforte, 07/02/2001) sumou ás súas habilidades baixo paos outra faceta máis: a de goleador. No desconto do encontro fronte ao Ordes disputado na Pinguela, o porteiro anotou cun bo testarazo o gol do empate […]

Sanci, Xermade, Iberia, Brollón e Ferreira cumpren o 6/6

O San Ciprián, o Xermade e o Iberia, na zona norte, e o Brollón e o Ferreira, no sur, gañaron os dous partidos que van de liga na Segunda Futgal. Sanci e Brollón continúan liderando polo diferencial de goles. Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de Futbolinlugo (@futbolinlugo) 2ª xornada en ‘O Noso […]

Matela e Monterroso B comezan liderando a Terceira Futgal

Deu comezo a Terceira Futgal e con ela chega o Tres en Raia En Boas Mans. Arrancou a competición con dous líderes sorprendentes vistas as prestacións na pasada campaña de ámbolos dous conxuntos. No grupo norte o Matela goleou na casa á Comercial e comeza a liga no máis alto. O Goiriz sacou o encontro […]

Xornada gris para CD Lugo e PM Friol e os seus filiais

Unha vez máis, a falta de acerto nas finalizacións penaliza ó CD Lugo. As albivermellas, ó non ser quen de pórse diante do marcador aínda que o seu dominio era claro, foron entrando nun estado de ansiedade. As présas nunca son boas, e a precipitación das xogadoras de Joaquín condenounas a non ter un resultado […]

Os Máxicos deixan grandes sorpresas na xornada 3

Salvatierra Abogados trae os Máxicos da terceira xornada da Primeira Futgal, que comeza a definir que equipos loitarán polo salto de categoría e que cadros loitarán na zona baixa. A Residencia non deu opción ao Lourenzá (6-0). Os visitantes chegaron con baixas a unha Cheda na que tan só houbo unha cor. O resultado no […]

Día de derbi na Medela

Na Primeira Futgal hai moitos partidos de rivalidade, pero un dos duelos máis destacados é o derbi que se vive entre Taboada e Monterroso. Cada temporada, centos de seareiros enchen as bancadas do «Canti» ou de Cerdeiriños para animar á súa vila, en oposición ao pobo veciño. Compañeiros de traballo, amigos, clientes… danse cita sobre […]

Diario dun mercado. Episodio 457

O verán remata, as ligas comezan, pero os equipos continúan perfilando os seus cadros de xogadores. Na fin de semana na que bota a andar a Terceira Futgal masculina e a Segunda Divsión Galega feminina repasamos os últimos movementos de mercado. Na Preferente, se nada cambia, Diego Torres volverá ao Lemos. O xogador monfortino que […]

Sanci e Brollón comezan de líderes tras case ascender

O San Ciprián e o Brollón encabezan a clasificación en cadanseu grupo da Segunda Futgal lucense. Precisamente, o Sanci e o Brollón foron os equipos que quedaron ás portas do ascenso á pasada campaña. Con todo, outros once equipos conseguiron gañar na primeira xornada. Na zona sur, todos os conxuntos marcaron algún gol. 1ª xornada […]

Máxicos con moitos goles na 2ª xornada

Salvatierra Abogados patrocina unha semana máis os Máxicos da Primeira Futgal, unha das nosas seccións predilectas.

Sarriana e Viveiro colideran a Terceira RFEF

Chega o segundo Trío de Ases O Cantón da temporada, e faino con outra xornada de bos resultados dos nosos equipos de Terceira RFEF. A Sarriana derrotou con claridade na Ribela ao Valladares e o Viveiro venceu pola mínima en Cantarrana ao Arousa. Racing Vilalbés e Polvorín acadaron sendos empates como locais. Os chairegos diante […]

Gran ambiente nos Medos para presenciar o Brollón - Friol, volta das semifinais polo ascenso á Primeira na temporada 2023/2024, a foto é da autoría de David, ex porteiro do Brollón

Iberia e Brollón, de novo no grupo dos favoritos

O Iberia e o Brollón volverán ser dous dos equipos punteiros da Segunda. Despois de ser dous dos clubs que pelexaron a tempada pasada por subir de categoría no play off, manteñen na súa maioría o cadro de xogadores. Comezou xa a temporada na Segunda Rexional, agora coñecida oficialmente co nome de Segunda Futgal. Na […]