Palabra de… Paula Insua: «Unha familia loitadora, o mellor agasallo»

Hoxe é día de partido. Estes días sempre me levanto ca mesma sensación de sentimentos encontrados. Por unha parte con moitas ganas de poñer as botas, saír ao campo e dar o mellor de min. E por outro, eses nervios por non saber o que me vou atopar e se este xeonllo rebelde vai aguantar […]

Labrada (C.F. Riotorto): «Nos anos que levo adestrando aquí o equipo sempre deu pasos cara adiante»

Pasan os anos e o Riotorto segue dando guerra na Primeira Autonómica. Na última temporada, mantívose pelexando polo ascenso ata preto do final, e na presente malia as dúbidas que poideran xerar as dúas derrotas iniciais, xa acumula nove xornadas sen coñecela derrota, e mira de reollo aos postos de ascenso. Falamos con Ramón Labrada, […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

[themoneytizer id=»15360-28″] Un xoves máis, Futbolinlugo chega co seu artigo sobre toda a actualidade do fútbol feminino lucense. Antes de comezar co repaso semanal, queriamos informar aos nosos lectores de que a partires da semana que vén haberá un cambio no modelo desta sección, ademáis dun renome moi especial!

Os sobranceiros da Terceira na 7ª xornada

Os primeiros postos da Terceira Rexional mantéñense ocupados polo Muimenta no grupo norte e polo Paradela que volve ao liderado no grupo sur. Un dos máis prexudicados da xornada foi o Celta Barreiros que caeu a quinta posición ao perder no seu duelo directo coa Milagrosa. Antas e Castroverde achéganse a postos de ascenso directo […]

Os onces da 10ª xornada na Segunda

A décima xornada de competición na Segunda Rexional non foi excesivamente boa para os equipos da parte alta. Dos oito primeiro clasificados de cada grupo, só dous conxuntos de cada un conseguiron os tres puntos. Si foi proveitosa para o San Roque que, coa súa vitoria e a derrota do Guntín, colócase líder por primeira […]

Destacados Primeira. Xornada 11

*Pol-Xove Lago: José Manuel estreouse no banco do Xove Lago cun empate in extremis nun feudo complicado. A primeira metade foi igualada. Carlitos perdonou para os de Abad e Andrés Bustelo e Juanjo Coello fixeron o propio para os mariñáns. Na reanudación, os locais deron un paso adiante porén os goles non chegaron ata o […]

As nosas redes falan

Os derbis teñen un papel importante no noso fútbol; pouco ou nada hai mellor ca facer o que che gusta e enfrontarte aos teus coñecidos, veciños ou amigos e poder meterte un pouco con eles no caso de gañarlles. No campo é un conto, fóra del é outra historia, pero a deportividade debe reinar sempre. […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 12) e Preferente (Xornada 13)

Polvorín e Racing Vilalbés agasalláronnos con dous triunfos importantes na Terceira División, mentras que na Preferente o derbi mariñán caeu do lado do Ribadeo nun vibrante final, empates na casa de Sarriana e Foz, e abultada derrota do Castro no campo do Arzúa. Segundo triunfo consecutivo dun Polvorín que parece que comeza a tomarlle a […]

Palabra de… Javi Regueiro: «O orgullo de xogar na casa»

Cando o meu amigo Diego me propuxo falar nesta sección, foron moitos os temas que me viñeron á cabeza para poder expoñer, pero crin que o máis xusto era acordarme dos meus, desa xente coa que levo compartindo momentos de bar, clase e fútbol, dende moitos moitos anos. Hai trece anos que Anxo, adestrador das escolas do […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – Ribadeo F.C.: máxima igualdade no derbi da Mariña

Chega o derbi máis agardado na Mariña. Viveiro e Ribadeo, dúas das vilas máis emblemáticas da comarca. Capitais da Mariña Occidental e Oriental respectivamente sepáranas máis dos sesenta kilómetros que indica o mapa. Unha estrada do século pasado e unha vía de ferrocarril practicamente abandonada fan que os dous pobos parezan máis afastados do que […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Unha semana máis, Futbolinlugo chega con toda a actualidade das nosas rapazas nos distintos duelos que protagonizaron na fin de semana!

Os sobranceiros da Terceira na 6ª xornada

A Terceira Rexional volveu de novo á competición despois do segundo parón case consecutivo e como curiosidade, o Quiroga regresou á cabeza da clasificación sen xogar esta xornada, debido a derrota do Paradela. No zona norte, o Muimenta continúa mandando no liderado pero co Celta Barreiros e co Fonsagrada moi de preto. Nunha fin de […]

Galería de imaxes: Ferreira CF 2-2 Sporting Lucense

Hai varios fines de semana, de novo a cámara de Leti Fernández estivo presente nun choque do Ferreira, neste caso no duelo que os mediu ao Sporting Lucense, e que rematou en empate a dous goles.

Os onces da 9ª xornada na Segunda

A novena xornada trouxo cambio de líder no grupo norte e unha redución das diferenzas na cabeza da zona sur. O Folgueiro aproveitou a única derrota ata o momento do Guitiriz para colocarse primeiro e demostrar que é o equipo máis en forma da categoría. Ademais, a xornada recuperou a un dos goleadores de sempre […]