Palabra de…Óscar Méndez: «Non me gusta o fútbol»

Dende un tempo ata hoxe, xace na miña mesa de noite a obra que leva por título o deste artigo. Que ninguén se me asuste; é un libro de literatura infantil, de lectura rápida e de comprensión sinxela. Foi un agasallo recibido nalgún momento da miña vida e que nunca tiven a necesidade de ler. E menos unha segunda vez, pero supoño que nos últimos anos sucédeme o que a algunha xente. Síntome contrariado co tema este da pelotiña. Pero non por unha cuestión en concreto, senón por moitas. A explicación quizais sexa sinxela, «faste maior e dispáranse as preocupacións» dinme.

Con todo, farei o esforzo por centrarme nun único aspecto: o da violencia no fútbol. Esta fin de semana celebramos o Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz. Este sábado 6 de abril conmemorouse a inauguración dos primeiros Xogos Olímpicos da era moderna (1986). Celébrase dende o 2013. Pretende que empreguemos o deporte como ferramenta educativa, de mellora e de benestar social; onde a paz sexa o eixe vertebrador.

E que, gústenos ou non, a diferenza doutros deportes as discusións, as pelexas, os insultos,…están presentes nos campos de fútbol, redes, foros e bares; sobre todo nos bares. Que sería sen os bares do noso país. Do mesmo modo, mantemos unha longa e incomprensible relación cos feitos. E non só iso, permitímolo. Federacións, clubes, seareiros, directivos, xogadores e medios pouco facemos ó respecto creando un sistema onde todos gañamos e ninguén está realmente contento.

Curiosamente, o fútbol, especialmente o profesional, evoluciona a unha velocidade vertixinosa, lonxe do que ocorre no fútbol afeccionado. Son eles, ó meu pesar, os que dispoñen dos mellores medios e recursos, incorporando ó persoal de maior preparación e con maior capacidade de intervención. Pero se hai algo no que estamos á par, ese é o tema da violencia. Neste senso, non hai diferenciación. Dá igual a categoría ou o nivel, o pobo ou a cidade, incluso a idade, xa que en calquera evento, persoas moi dispares poden mostrar comportamentos intolerables, que por outro lado, inmortalizamos nos nosos celulares. Entón é cando finximos escandalizarnos polo que sucede.

Eu non quero ser alarmista, nin exemplo de nada, pero xa que estamos podemos facer algo ó respecto, con independencia de erros pasados. Así que busquemos solucións e xeremos iniciativas encamiñadas á prevención, regulando a situación dos técnicos, mellorando as instalacións e recintos deportivos, creando hábitos nos máis novos ou xerando unha normativa adecuada ás diferentes situacións con certo carácter sancionador. E xa paro porque dixen que só falaría da violencia.

De todos modos e como estas cousas non están ó noso alcance, non sei, igual esta fin de semana, con motivo da celebración, podemos dar visibilidade á cara afable do fútbol; aproveitemos a repercusión e a trascendencia que acadou este medio, para mostrar que a pesar da rivalidade, os puntos, os ascensos e descensos, un fútbol sen violencia é posible. Podedes facer algo ó respecto dende Futbolinlugo? Grazas.

O Monterroso pelexa esta temporada por manterse na Primeira Rexional

Para rematar, sen saber o que me depara o futuro, gustaríame dicir que só podo considerarme un auténtico privilexiado por todo e canto me tocou vivir no mundo do fútbol, pero sobre todo polo que me tocou coñecer. Igualmente espero atopar a inspiración perdida para seguir desfrutando dun deporte que me deu tanto, xa sexa dende o rol de xogador ou adestrador, porque como dicía Arnold H. Glasgow: «na vida, como no fútbol, non chegarás lonxe a menos que saibas onde están os teus obxectivos».

Óscar Méndez. Xogador da SD Monterroso

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 274

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.