#Fútbol afeccionado #Entrevistas #Preferente Futgal

Óscar Moure: «Necesito descansar un tempo»

O adestrador Óscar Moure sorprendía o pasado domingo coa súa dimisión á fronte do Lemos. Máis aínda despois de gañar por 0-2 no feudo do Victoria. Así que, pasados uns días, quixemos falar con el con tranquilidade e profundidade.

Por iso quixemos entrevistalo nos micrófonos de Radio Lugo Cadena Ser o pasado xoves. O noso redactor Diego Díaz e o presentador da Cadena Ser Juan Carlos Rodríguez, foron os mestres de cerimonias.

Pódese escoitar a nosa participación íntegra aquí (ademais, analizamos as citas sobranceiras da fin de semana no fútbol feminino, a Terceira RFEF e a Preferente como cada xoves).

No tocante á entrevista, Óscar Moure analizou o seu paso polo histórico club monfortino e non descarta un futuro próximo ligado a outro banco. Facemos un resumo escrito dos principais temas falados nas ondas.



Unha dimisión meditada. «Non é unha decisión que tomara despois do partido. Viña moi reflexionada de semanas atrás. Comuniqueina ao grupo despois pero viña de atrás».

A causa da dimisión. «Necesito descansar un tempo. Se sae algo que me guste, pensarío a verdade».

O seu paso polo Lemos. «Foi unha etapa moi positiva. Déronme as rendas do club con 25 anos e sen experiencia na categoría. E penso que saiu bastante ben. O ano pasado cumprimos coa permanencia. E, esta tempada, somos o segundo equipo con menos derrotas da categoría. É de valorar».



A esixencia do Lemos. «O Lemos é unha praza bonita por historia e instalacións. Todos os adestradores querrían adestrar aquí. A afección e os xogadores piden a excelencia pero é bo para o adestrador. Fante mellor».

A presión externa afecta ao cadro de xogadores? «Todo depende. Ao xogador máis xove lle pode afectar un pouco. Ao máis curtido na categoría penso que lle gusta, é unha motivación máis».

A Preferente actual. «O Miño é un equipo que fichou moi ben, só teñen sete xogadores do ano pasado e varios xogadores diferenciais para a categoría. Non están aí por casualidade. Ao San Tirso coñecémolo ben do ano pasado e é un dos campos máis difíciles da categoría. Aí estanse facendo moi moi fortes».

Óscar Moure: «Necesito descansar un tempo»

O Rubián, único equipo invicto de Terceira

Óscar Moure: «Necesito descansar un tempo»

Romy (Paradela): «Se non axudo con goles,

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *