Os sobranceiros da Terceira na sexta xornada

O grupo norte e o sur cambian de líder despois da sexta xornada na Terceira Galicia. O Río Sil é o primeiro na clasificación  ao derrotar o Relámpago Taboada que desfrutou unha semana do seu primeiro liderato na súa curta historia. Tamén o Cervo volve encabezar a táboa clasificatoria, logo de que o Celta Barreiros perdera. O Corgo segue mandando no centro onde o Friol B conseguiu a súa primeira vitoria da súa historia.

O Cervo segue encabezando o grupo norte despois de derrotar por 2-5 ao Rioaveso en Paraños. O encontro declinouse na segunda metade, despois de que na primeira o cadro local opuxese resistencia cun dobrete de Cleno que se mancou na segunda metade. Segundo é o Goiriz que foi moi eficaz no Catro Ventos ante o Cazás ao gañar pola mínima cun gol de Richi despois da asistencia do seu porteiro. O Celta Barreiros xogou un bo encontro no Pichón con Simón e Djibri levando a batuta do equipo adestrado por José Luis, pero estivo máis acertado de cara á porta o Muimenta que venceu por 2-1 a pesar de quedar cun menos dende o minuto 60 pola expulsión do porteiro ao tocar un balón ca man fóra da área. O acerto tamén lle faltou ao Celeiro que empatou 1-1 ante o Catro Roldas.

No grupo centro, o Corgo segue como líder a pesar de empatar ante o Guntín. Marcelo Silva anotaba o 1-2 despois de realizar unha bicicleta dentro da área para superar ao defensor e terminar disparando raso ca súa perna esquerda a portería. Non obstante, o Guntín empatou o encontro. Segunda é a Comercial que derrotou ao Rábade por 5-3. Empezaron moi fortes os locais con tres goles, pero o Rábade tamén puxo resistencia cunha boa actuación do debutante Botana e un gran gol de Adrián. O Friol B gañou o seu primeiro partido ante o Laxosa por 2-3.

No grupo sur, o Río Sil derrotou ao Relámpago Taboada por 0-2. Nun gran encontro na Medela que puido caer para calquera lado, o Río Sil aproveitou para adiantarse nunha xogada de falta de entendemento na defensa local e cunha gran xogada individual de Canteiro. Vitoria do Incio ante o Becerreá FC, nun encontro no que a confianza case lle pasa unha mala factura aos locais. E empate no duelo entre o Sober e o Quiroga (1-1) que suma tres encontros sen gañar.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 550

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.