#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Os sobranceiros da Terceira na décima xornada

O Cervo, o Corgo e o Incio manteñen o liderado na Terceira, a pesar de que o conxunto da Mariña non gañou e os outros dous non xogaron xa que lles tocou descansar nesta xornada. O Catro Roldas achégase o primeiro posto no grupo norte e o Sober faino no grupo sur.

Un dos duelos da xornada estaba entre o Cervo e o Goiriz, no que despois dunha primeira parte con dominio alterno, os goles chegaron nos últimos minutos. Cando o Cervo tiña o triunfo na man, grazas a gran actuación de Miguel Gomes, un erro defensivo costoulles a igualada do Goiriz e impediulles deixar case sentenciada a súa participación na fase polo ascenso. Un Cervo que se reforza de cara a esta recta final, incorpora a Edi (que estaba sen equipo e levaba varias semanas adestrando co equipo dirixido por Iván Pernas) e a «Samueliño» procedente do San Ciprián da Primeira Galicia. O Catro Roldas achégase na clasificación despois de golear a un Celta Barreiros mermado polas baixas e pola expulsión de Lima na primeira metade. No conxunto de Román houbo un protagonista claro, Esteban Boo. O dianteiro de Árbol anotou cinco goles. Quen perdou a oportunidade de achegarse ao terceiro posto foi o Muimenta que perdeu ante o Rioaveso Machinango que gañou os tres partidos da segunda volta. Tamén chegou a primeira vitoria do Cazás, que derrotou pola mínima a un Celeiro ao que non lle están saíndo as cousas como quere nesta temporada.

No grupo centro, o Fonsagrada desaproveitou a xornada de descanso do Corgo para achegarse ao lideratao e non pasou do empate ante a Comercial que mantén o terceiro posto, pero xa empatado a puntos co Rábade. O equipo debutante esta temporada sumou a súa segunda vitoria consecutiva diante do Friol B cun gol de Jhonny e apunta a súa candidatura para loitar por estar na fase polo ascenso. Ao igual que o Guntín que tamén está empatado a puntos ca Comercial e co Rábade, logo de golear ao Laxosa con protagonismo para Saad que anotou tres goles. 

No grupo sur, o Sober achégase ao primeiro posto logo de vencer pola mínima a domicilio ao Relámpago Taboada, aínda que terá que descansar en dúas xornadas. O conxunto local non estivo acertado local de cara a gol, algo que se viu reflectio no resultado final. Tamén venceu o Río Sil que segue na terceira posición despois de golear ao Becerreá FC no que Matamá foi o gran protagonista con tres goles. O Paradela restoulle opcións ao Quiroga de loitar polos primeiros postos ao derrotalo por 3-1.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *