#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Os sobranceiros da Terceira na 1ª xornada

Arrincou a Terceira Rexional no formato das anteriores temporadas (dous grupos), pero con cambios no sur marcados pola desaparición de dous equipos. Á xa coñecida marcha do FC Becerreá, uníuselle na última semana a do Laxosa. Sen tempo para modificar o calendario segundo informaron dende a Federación, na Terceira Sur descansarán dous equipos cada fin de semana; os dous que lles tocara xogar co FC Becerreá e o Laxosa. Nesta primeira fin de semana de fútbol foron o Sober máis o Taboada B quen pospuxeron unha semana máis o seu inicio de temporada.

O primeiro líder do norte é o Muimenta que derrotou con claridade a un dos recén descendidos e que estivo ata a última hora pendente de en cal categoría ía xogar, o Matela. O cadro adestrado por Basi non acusou a expulsión de Jairo e foi quen de impoñerse cun xogador menos nunha boa actuación grupal na que destacaron Barja, Iago e Miguel Morán. Séguelle o Catro Roldas que venceu na Canteira ao Cazás nun partido que rematou con Jose Antonio e Adilson expulsados no cadro local e no que Esteban Boo marcou as diferenzas con dous goles. Tamén venceu o Celeiro ante outro recén descendido, un Alfoz que xogou toda a segunda parte e un tempo da primeira cun xogador menos por expulsión. Mora foi un dos partícipes no desequilibrio da balanza con dous goles, un deles cunha gran definición fronte a un Alfoz no que destacaron Dani Río (autor do gol) e Valea. E o Celta Barreiros gañou a domicilio ante o Lugo Unión. O cadro da capital está construido na súa maioría polo equipo que o ano pasado formaba o CD Rábade, pero trasladouse a Lugo polo estado do terreo de xogo rabadense. Aínda así, dubidaron ata última hora se saír ou non en competición. O cadro de Barreiros tivo en Álvaro a un dos futbolistas destacados; foi quen abriu o marcador cun gran disparo dende fóra da área.

Os tres puntos foron para a Milagrosa en A Reigosa ao derrotar ao filial do Friol. O cadro capitalino estivo liderado por un gran Joel no centro do campo. Completou o cupo de vitorias o Fonsagrada ao derrotar pola mínima na casa ao Rioaveso cun gol de Víctor Argul.

No grupo sur, o Paradela encabeza a clasificación, logo de vencer a domicilio ao Antas nun encontro con moitos goles. Dous marcounos Romi, unha das grandes fichaxes deste verán, que tivo un papel principal xunto co lateral Esteban, autor de tres pases de gol. Séguelle o Quiroga a quen non lle afectou que o partido se retrasara pola non chegada do colexiado e marchou con vitoria do Poste ante o Rubián. Mavilo cun golazo dende o medio do campo e Marcos foron do máis salientable no cadro quirogués. Mesmo resultado (2-3) colleitou o Castroverde na súa visita ao Relámpago Taboada liderado por David Muñiz (con dous goles) e Carlos Gemelo. No cadro local destacaron Rubén Pardo, Michel e Adrián. Tamén gañou o filial do Lemos ante o Río Sil no primeiro partido en competición oficial cunha boa actuación do media punta Javi López. No cadro soberino destacou o encontro de Panizo e tamén do debutante Isma.



Polo momento, a diferenza de gran parte da temporada pasada, os sobranceiros da Terceira non terán premio máis aló desta publicación. Dende o equipo de Futbolinlugo estamos traballando en buscar novas recompensas. Se alguén está disposto a apostar por nós e recompensar aos sobranceiros da Terceira Rexional que nolo faga saber.

Os sobranceiros da Terceira na 1ª xornada

As guerreiras da fin de semana

Os sobranceiros da Terceira na 1ª xornada

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *