Os pichichis da Segunda Futgal
-
- 0
- 3min de lectura
A Segunda Futgal lucense exhibe un gran talento goleador nos seus dous grupos e así o demostran os seus máximos goleadores. Mentres que no Grupo Norte hai un empate entre Óscar López e Chema Franco, ambos con 19 goles no que levamos de tempada, no Grupo Sur é Dani Roca o gran referente con 20 goles. Os tres con obxectivos diferentes pero dando cos seus goles moitos puntos que resultan útiles nos seus equipos para conseguir vitorias.
Na Segunda Futgal Norte hai un empate entre dous dianteiros de gran nivel. Tanto Óscar López do Riotorto coma Chema Franco do Cabeiros levan 19 goles en 24 partidos, dando un promedio para ambos de 0,79 tantos por encontro. Eso si, as aspiracións de cada un son diferentes neste tramo final da tempada. Os goles de Óscar manteñen ao Riotorto nun triple empate a cincuenta puntos na loita polo segundo posto, mentras que os de José María estiveron enfocados en lograr unha permanencia xa matemática a falta de cinco xornadas.
Coma gran curiosidade no caso do Riotorto é que o gol non só é unha responsabilidade de Óscar. O clube ten a mellor dupla da Segunda Futgal grazas a que entre o máximo goleador da competición e Manuel Carreira, cuarto na táboa de máximos realizadores con 15 goles, xa suman 34 tantos na competición. No caso de Chema, oito tantos foron na xeira de oito encontros sen coñecer a derrota do seu equipo, incluíndo o gol da vitoria ante o Muimenta nun choque moi importante.
En cambio é no Grupo Sur onde se atopa o máximo goleador da categoría dentro do fútbol lucense. Dani Roca, do Friol, leva 20 goles en 23 partidos, facendo que o dianteiro ten un promedio de tantos por encontro de 0,87. Só hai un xogador que se achegue as cifras do killer do Friol que é Ismael Pérez do Brollón, con 19 goles en 25 choques disputados. A referencia ofensiva foi clave para que o seu equipo consiga manterse na zona tranquila da táboa.
O máximo goleador da Segunda Futgal lucense é un xogador que acostuma a estar neste tipo de posicións polo seu gran olfato para marcar. Na tempada anterior conseguiu marcar un total de 25 goles en 35 partidos disputados en todas as competicións e só na 19-20 quedou por debaixo dos dez goles anotados dende a 18-19.