Quedan catro na pelexa. E dentro deles un supervivinte da Terceira. A Copa da Segunda e da Terceira Rexional resolveu as eliminatorias dos cuartos de final. A Comercial botou man dos penaltis. O Roupar e o Lemos B venceron pola mesma diferenza de goles. Na Ponte decidiu un golazo de Lucho a favor do San Lázaro.
A semifinal da zona norte vaina xogar a Comercial e o Roupar. O conxunto capitalino está sendo unha das grandes revelacións no torneo copeiro. Deixou no camiño ao Celta Barreiros, á Candelaria, ao Cazás e agora ao Cabreiros. Os tres últimos na quenda de penaltis. E cun gran protagonista. O gardamallas Pablo Mesa é unha das razóns. Na pasada finde detivo dous penaltis. O Cabreiros conseguiu igualar dúas veces no tempo regulamentario con goles de Isma. Pero non foi quen de márcalo terceiro que desequilibrara a eliminatoria. Non haberá derbi xermadino. Quen si pasou foi o Roupar ante o Meira. Farra igualou o tanto inicial do cadro local. O conxunto adestrado por Diego Dopico sentenciou na recta final.
Na zona sur a semifinal vaina xogar o Lemos B e o San Lázaro. O filial lemista derrotou no duelo da Terceira Rexional ao Antas. O filial levou o dominio do balón. O Antas xerou perigo a balón parado pero condenárono os erros defensivos. No encontro entre equipos da zona alta da Segunda saíu vencedor o San Lázaro. A falta dun cuarto de hora para o final, Lucho marcou un golazo. Resultou definitivo. Catro equipos na búsqueda dunha final que aínda non ten sede.