Guitiriz e Chantada B seguen sendo os rivais a batir nos dous grupos da Segunda Galicia. Os dous equipos gañaron os dous partidos a domicilio e seguen como líderes na clasificación. Na parte de arriba, no norte, fallaron Pol e Burela e no sur o Friol.
No norte, o Guitiriz deu un golpe de autoridade ao vencer na Marosa ao Burela e volver ao camiño da vitoria despois de dous empates. O Cabreiros colócase segundo despois de golear ao Alfoz e cos mesmos puntos ponse o Lourenzá logo de vencer noutro dos duelos da xornada ao Pol. Volveu a gañar o Cospeito que derrotou ao Ourol e tamén o Roupar que suma unha xeira de tres triunfos seguidos. Vitoria destacada a do Iberia ante a Candelaria e a do Abadín co Mondoñedo. Destacou tamén o empate do Meira co Matela.
No sur, o filial do Chantada sumou a súa segunda vitoria consecutiva ante o Rubián para manter a marxe de un punto de diferenza co Oural que derrotou ao Brollón. Caeu o Friol, diante do Santa Comba que leva unha moi boa xeira de resultados. No resto da xornada destacou o empate do Chantada Atlético co San Lázaro, xunto co do Becerreá co Portomarín; e tamén as vitorias da Milagrosa diante do Antas e do Palas fronte ó Castroverde.