Comezou a Copa para os equipos lucenses da Segunda e da Terceira Rexional, algo que pode significar dúas cousas. Para uns, a ilusión de seguir avanzando roldas e poder chegar a esa final na que o norte e o sur da provincia se fusionan; e para outros supón o remate da temporada. A primeira rolda, con equipos exentos, deixou sorpresas, derbis e tres tandas de penaltis.
Na zona norte, destacou a vitoria do Cervo no derbi ante a Candelaria. O conxunto recén ascendido á Segunda. Seguindo na Mariña o duelo clásico entre Burela e Mondoñedo caeu do lado burelao que parece manter a forma coa que conseguiu ser campión do seu grupo na Segunda, a pesar de quedar cun xogador menos a media hora de xogo. Tamén o Folgueiro derrotou ao Guitiriz, nunha das eliminatorias, a priori, máis igualadas. Preto da praia tiveron oportunidade de vivir unha tanda de penaltis entre o Celeiro e o Alfoz despois de igualar a un gol nos noventa minutos. O Celeiro avanzou ante un Alfoz que desputou todo o encontro só con oito xogadores.
Deixamosvos a tanda de penales de onte pic.twitter.com/ZobvDmmkWA
— Celeiro Club Del Mar (@ClubCeleiro) May 14, 2018
Baixando cara a terras xermadinas, atopámonos coas vitorias de Cabreiros e Roupar. O conxunto adestrado por José Manuel derrotou con claridade ao Iberia, mentras que os pupilos de Diego Dopico fixeron o mesmo ante o Ourol. Outro dos equipos que subiu de categoría, o Goiriz, superou nun encontro de goles ao Cazás, logo de marcharse 4-1 ao descanso e ver perigar o resultado co 4-3 final; partido que se xogou no artificial da Madalena, xa que o Ventiño está en remodelación. En Paraños tamén viviron a emoción das penas máximas, e finalmente clasificouse o Matela que tivo máis eficacia ca o Rioaveso, despois dun partido de ida e volta marcado polas ausencias en ambos equipos. Noutro duelo chairego, o Abadín venceu ao Cospeito. Ademais, o Lourenzá levouse unha contundente vitoria do Pichón ante o Muimenta, un resultado abultado que se incrementou no último tramo do segundo tempo ante un Muimenta con baixas e un cadro visitante no que xogaron seis xuvenís e dous cadetes.
Na segunda rolda ponse todo en orde e entran en competición os equipos que quedaron exentos na primeira. Estes son os emparellamentos da zona norte nos que está en xogo o pase aos oitavos de final:
1. Cervo – Abadín
2. Matela – Lourenzá
3. Goiriz – Folgueiro
4. Celeiro – Burela
5. Cabreiros – Pol
6. Catro Roldas – Roupar
7. Friol B – Fonsagrada
8. Celta Barreiros – Rábade
Na zona sur, haberá na segunda rolda derbi chantadino despois de que o Chantada Atlético vencese ao Palas e que o Chantada B se levase a vitoria a domicilio ante o Relámpago Taboada nun partido que tivo que ser suspendido momentaneamente por unha granizada. Estes emparellamentos tamén nos deixaron unha tanda de penaltis entre o Quiroga e o Guntín despois de empatar a cero goles; nela foron chaves as paradas do porteiro Edu do Guntín.
Na capital houbo derbi entre o San Lázaro que derrotou pola mínima a Milagrosa nun encontro con pouco xogo. O Friol tamén é outro dos que parece manter o nivel co que rematou a liga regular e superou con claridade ao Rubián na búsqueda de batir a espiña cravada do ano pasado cando perderon na final do Anxo Carro ante o Pontenova. Máis axustado estivo o encontro no que gañou o Brollón por un gol de diferenza ante o Antas con dobrete do dianteiro Yoel. O Corgo e o Sober reviviron o último duelo da fase polo ascenso na Terceira e desta volta levouse o triunfo o Corgo que volveu contar cun gran gol de Debasa. Nos duelos de goles o Portomarín superou ao Oural (3-6), a Comercial fíxoo ante un Castroverde que entrou tarde ao partido e de pouco lle serviron os dous bos goles de falta de Gabriel (4-2) e o Sporting Lucense ante o FC Becerreá (2-7).
Tamén entraran en liza ao completo todos os equipos na zona sur, ademais o Santa Comba que xa está nos oitavos de final despois de que no partido adiantado da primeira eliminatoria da Copa derrotou nos penaltis ao Paradela logo de igualar no partido (3-3):
1. Río Sil – Incio
2. SD Becerreá – Monterroso B
3. Paradela 3-3 Santa Comba
4. Chantada Atlético – Chantada B
5. San Lázaro – Friol
6. Corgo – Brollón
7. Comercial – Portomarín
8. Guntín – Sporting Lucense