Os mellores porteiros do fútbol lucense
-
- 0
- 3min de lectura
Os porteiros sempre teñen o traballo máis solitario do fútbol lucense, sendo os únicos coa capacidade de tocar os balóns cas mans e coa responsabilidade de ser quen deteña os disparos dos oponentes. Na provincia, hai moitos gardametas que destacan por ser os que menos goles encaixan ao longo desta tempada. Grandes nomes saen nesta estatística, pero é Jesica Ferreiro a que menos goles encaixou ao longo desta tempada en porteiros que superen os 15 encontros disputados
As porteiras son as que menos encaixan en todo o fútbol lucense. Proba deso está a ser a actuación de Jesica Ferreiro nesta tempada con só 5 goles encaixados en 16 encontros disputados, 0,31 goles por partido, co San Lázaro, segundo clasificado do Grupo 3 da Terceira Futgal do fútbol feminino. A gardameta é unha das grandes razóns polas cales está disputando un liderado que agora mesmo ten na man o Santiso, a seis puntos do conxunto lucense.
Tamén destaca a porteira do Antas, Ángela González. Nos 17 encontros de liga que disputou ao longo desta tempada no grupo 2 da Segunda Futgal só encaixou 13 goles, 0,76 tantos por choque. O líder da categoría ten unha gran defensa na que a guinda pona a gardameta, clave para a consistencia defensiva dun cadro que aspira a lograr o ascenso á Primeira Futgal, onde esta tempada non hai ningún equipo lucense.
Na parte masculina do fútbol lucense, o mandatario das porterías é Álex Santomé. Con 16 goles en 24 partidos, 0,67 tantos por encontro, é o segundo porteiro que menos encaixa na Terceira RFEF por detrás de Cobo da UD Ourense. O do Rácing Vilalbés está considerado para moitos coma o mellor porteiro da categoría e é un dos principales culpables do gran estado de forma do conxunto chairego e de que se manteñan na loita polo ascenso directo para voltar a Segunda RFEF.
Pero no resto das categorías tamén hai grandes protectores das porterías do fútbol lucense. Destacan nomes como Kiko, porteiro do Burela que leva en 23 partidos 19 goles en contra, De Jorge, gardameta do Iberia con 18 goles encaixados en 20 encontros, Iago Durán do Castroverde, 13 tantos en 17 encontros, e Fernando Lamas, 15 tantos en 16 choques. Os grandes gardametas do noso fútbol continuarán mantendo as súas porterías a cero de cara ao final da competición.