Jorge 'Negrete', adestrador do Oural

Jorge ‘Negrete’ (Oural): «Xa somos conscientes do que está en xogo»

O Oural conseguiu unha gran vitoria na última xornada ante o Taboada por 3-1 nun encontro no que aos da comarca de Sarria lles saiu todo perfecto. Diego, Miguel e Cayuela cun dos tantos da xornada fixeron que o cadro saíse do descenso, que agora ocupa o Outeiro de Rei, tres puntos por debaixo. Esta tempada é especial para o clube, xa que despois de moito tempo regresan á Primeira Futgal, pero sobre todo para Jorge ‘Negrete’, adestrador do equipo e que viu como a institución pasou de estar a piques da desaparición a dous ascensos en moi pouco tempo.

Futbolinlugo: Conseguistedes unha gran vitoria ante o Taboada para saír do descenso. Como foi para vós o encontro?

Jorge ‘Negrete’: Comezamos dubitativos, pero fomos superiores tanto fisicamente coma animicamente. Foi un encontro onde saiu todo, a gran proba é o golazo de Cayuela. Penso que tamén subimos a intensidade ao ser xa conscientes de todo o que nos xogamos neste tramo da tempada e estivemos moi motivados. En termos deportivos, estivemos mellor colocados e iso fixo que tivesemos mellores sensacións.

FIL: Os tres puntos confirman unha melloría tanto de sensacións coma de resultados. Como o notades no vestiario?



JN: Tivemos un baixón provocado por varias baixas e sancións. Agora o grupo está moito máis unidos e antes pagamos moito vir dun ascenso asequible en segunda onde todo era sinxelo. Agora os xogadores do Oural déronse conta de que as cousas que saían por confianza xa non chegan e son moito máis conscientes da mensaxe que lles transmitimos dende o corpo técnico para intentar mellorar e lograr a salvación.

FIL: Entendo que é un ano moi especial para ti. Como está sendo?

JN: Pois está sendo difícil porque non contaba con que íamos sufrir tanto. Estivemos pagando unha gran carencia de gol que nos lastrou en moitos encontros e que puidemos ter máis tranquilidade. Por un lado temos moita ilusión por voltar á categoría despois de tantos anos e dun tempo no que o Oural estivo moi preto de desaparecer. Tras moita loita esta tempada está sendo agridoce, unha sensación de sentimentos encontrados.



«Gran parte da salvación do Oural pasa por gañar na casa»

FIL: Como vos vedes de cara ao tramo final da tempada?

JN: Gran parte da salvación do Oural pasa por gañar na casa. Vémonos fortes pola mellora na cohesión do grupo e iso nótase. Imos todos cara o mesmo obxectivo e pensamos que somos capaces de sumar o necesario con moitas vitorias na casa e intentando aproveitar a boa dinámica que levamos para tamén acadar puntos fóra da casa.

FIL: Agora chega un encontro complicado ante o Xove Lago. Como chegades ao encontro?

JN: É un partido difícil porque é un equipo que sabe xogar moi ben ao fútbol. Teñen cousas complicadas de atacar e somos conscientes de que vai ser un encontro complicado. O que é seguro e que imos a por todas coa intención de conseguir sumar algún punto que nos vai vir moi ben na clasificación.



Jorge ‘Negrete’ (Oural): «Xa somos conscientes do que está en xogo»

O regreso de Adri Cube e a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *