Comezou un novo ano e os noso equipos de Terceira e Preferente poñen moito en xogo na segunda metade da temporada. Falamos con todos eles, que nos contan cales son os seus desexos de cara a este 2019:
José Durán (Polvorín): «O noso gran desexo para o 2019 é acabar de asentarnos na categoría e conseguila permanencia».
Simón Lamas (Racing Vilalbés): «Desexámoslle a tódolos equipos e xogadores do clube toda a sorte do mundo na consecución dos seus obxetivos individuais e colectivos, e a todo o fútbol lucense un ano sen lesións para todas e todos».
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Chusky (Viveiro): «Que as lesións respeten aos xogadores e intentar chegar nos postos de cabeza ás últimas xornadas de liga».
Marzán (Sarriana): «Que nos respeten as lesións na segunda volta e recuperar os xogadores mancados para poder soñar con metas altas».
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Rafa Casanova (Ribadeo): «Que todos sigamos disfrutando deste deporte e poder manter o gran grupo humano que temos».
Javi Chinchón (Foz): «Desde a familia do C.D. Foz deséxolle a todos un 2o19 cheo de saúde e alegría e no aspecto deportivo, moitas vitorias, moitos goles a favor, poucos en contra e sobre todo que podamos acadala permanencia na categoría».
Dumi (Castro): «Que o clube institucionalmente continúe recuperándose na línea que o está facendo e sexa sostible a longo prazo. Deportivamente, rematala temporada o máis dignamente posible, competindo o máximo número de partidos posibles e formando xente de cara a vindeira temporada».
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)