#Preferente Futgal

Os clubes opinan sobre a nova Preferente

Fai uns días, a Futgal reuníase cos clubes da Preferente Galicia para falar de como se desenvolverá a competición na temporada 20/21, na que será unha ardua tarefa completar as ligas sen paróns. Por iso, a nova Preferente constará de catro subgrupos (dous correspondentes á zona norte e dous á zona sur).

No que atinxe ao fútbol lucense, todos os conxuntos da provincia competirán na zona norte, dividida en dous subgrupos de 10 equipos. De cada un destes subgrupos sairán tres clubes que competirán polo ascenso (dúas prazas para seis equipos) e sete clubes que serán encuadrados en tres grupos para loitar pola permanencia. En cada un destes novos grupos, os equipos comezarán cun determinado número de puntos en función da súa clasificación na primeira liguilla.



Desde Futbolinlugo, quixemos falar con distintos representantes dos conxuntos lucenses que participarán nesta atípica Preferente Norte para saber que opinaban ao respecto. Así, Javi Chinchón, adestrador do CD Foz, afirma que «para nós así as viaxes serán máis curtas e cómodas, pero o importante e poder comezar con seguridade. En canto á liga, será moi dura e igualada, pero co hándicap de que é moi breve.» Por outra banda, Rafa Casanova, técnico do Ribadeo CF, sinala que «a situación é complicada para todos, pero pode ser moi emocionante e competitivo, xa que estariamos loitando ata o final todos, e seguir competindo na segunda liguilla«. Máis ao sur, o preparador do Santaballés, Dani Moirón, sinalou que «afrontamos a temporada como un premio tras dez anos sen estar en Preferente. Teremos un plantel moi similar que o ano pasado, trataremos de competir cada partido… será unha liga sen marxe de erro, tanto na primeira coma na segunda liguilla, non te podes permitir un mes malo. O sistema de competición, pola súa parte, paréceme atractivo

Se seguimos avanzando cara o sur da provincia, o adestrador da SDC Residencia, Álvaro Meilán, contou a Futbolinlugo que «hai que mirar se o protocolo, que aínda non temos, é viable. En canto ao formato, paréceme precipitado sacalo antes que o protocolo, pero falamos de máis de trinta xornadas, polo que non me cadra. Non penso máis alá da primeira fase, é unha liga difícil sen marxe de erro. Hai que contar tamén cos oito descensos de Terceira, que poden acarrear arrastres. Non creo, ademáis, que o traballo de 22 xornadas na primeira fase despois teña tan pouca diferencia de puntos entre os clubes na segunda fase», mentres que Charly, míster da Sarriana, coincide en que «aínda non temos protocolo e hai moita incertidume e, en canto ao formato, hai moi pouca marxe de error, pero hai moitos derbis en pouco tempo, o que é bon e bonito desde a miña perspectiva».



Na Ribeira Sacra, o presidente do Club Lemos, Óscar, mostrouse rotundo afirmando que «o formato está ben pero nestas circunstancias sanitarias non se pode xogar.» Por outra banda, o adestrador do Atlético Escairón, Montoto, dice que «vai ser unha loita fratricida, a pelexa vai estar en non baixar, mentres que por arriba vai ser moi complicado tamén, porque sempre é moi complicado sacar puntos. Non sei cando poderemos comezar, eu penso que hai que agardar até que as condicións da pandemia melloren».

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *