#Fútbol Base #Infantís

Os campións de Montirón

A pasada semana, o Polvorín infantil proclamábase campión da Liga Provincial e asegurábase unha praza na fase de ascenso á Liga Galega. Os amarelos chegan a esta fase cheos de confianza, e coñecedores de que só teñen que superar una eliminatoria para conseguir levar tras moitos anos a un equipo do Polvorín de volta ao máximo nivel da competición infantil.

Os pequenos asinaron una segunda fase espectacular, contando con trece victorias, tres empates e tan só unha derrota. A derrota chegou esta fin de semana, cando os rapaces do Polvorín xa tiñan o primeiro posto asegurado, e o seu verdugo foi o Becerreá.

Non é o primeiro título que consigue o conxunto de Montirón esta tempada, xa que xa foran campións na Primeira Fase da liga, superando precisamente ao Becerreá na clasificación. O equipo que acompañará ao Polvorín na fase de ascenso será o Racing Vilalbés.

O grupo é sen dúbida unha piña.

Hoxe falamos con varios xogadores desta gran xeración do Polvorín, que de seguro non é a última alegría que celebran no campo da Polvoreira. Velaquí as palabras de Álex, Nico, Paulo e Dhomini!



Paulo xoga de porteiro e di que o equipo está tan arriba gracias a que todos os rapaces fan unha gran piña e que ninguén os vai separar, porque están moi unidos. Recalca que disfruta cando as cousas saen ben, e sobre todo ao ver que o equipo está cómodo sobre o terreo de xogo.

Por outra banda, Nico móstrase moi contento porque é a primeira vez que o equipo consigue un triunfo deste nivel, e di que para lograr o ascenso hai que seguir traballando e «machacando» nos adestramentos.

Álex xoga no medio do campo e leva o peso do xogo do equipo, tanto defensiva coma ofensivamente. Tanto é así que el mesmo afirma que o que máis lle gusta do fútbol son cousas tan dispares como marcar goles e roubar balones nas liñas defensivas.



O pichichi do equipo é Dhomini, quen asinou 15 goles en 15 partidos, demostrando así o seu enorme potencial. O dianteiro di que está orgulloso dos seus compañeiros e que disfruta absolutamente todo do fútbol.

Os catro coinciden en que o ascenso é moi factible, e que tanto os xogadores como o adestrador, Francisco Caballero, fixeron unha enorme campaña á que só lle falta a puntilla do salto de categoría.

Ademais de estes grandes xogadores, cómpre ter en conta o mérito que todos os demais integrantes do plantel teñen e o gran fútbol que, entre todos, despregan sobre o campo sábado tras sábado. Agardamos que estes rapaces asinen un ascenso moi merecido polo clube e que Futbolinlugo estará aí para narrar!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *