#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

O regreso: Viveiro-Rácing Villalbés (2-1)

2 Viveiro: Cedrón; Agus, Édgar, Uriol, Pablo Louzao; Iván, Xaime; Aitor Moreda, Tichu, Rolle; e Arturo. Tamén xogaron Dani Montes, Asier e Jacob.

1 Rácing Villalbés: Javi Pita; José Varela, López, Bruno Caballero, Anxo; Aitor; Javi Varela, Sandá, Ángel; Rares e Cuadrado. Tamén xogaron Javi Rumbo, Muiña, Vérez, Buyo, Cadra, Make, David, Marino, Pedrosa e Santi.

Árbitro: Méndez López (Lugo). Asistido por Pereira Ferreiro y Abel Bruzos.

Goles: 0-1 José Varela (min. 68). 1-1 Xaime, de falta directa (min. 82). 2-1 Gerardo (min. 90).



Incidencias: Primeiro partido da ‘nova normalidade’ na provincia de Lugo. Cantarrana. 250 espectadores.

 

Choiva, máscaras e acción. Así comezou a nova normalidade en Cantarrana, co guion previsto. As imprecisións impuxéronse nunha primeira metade na que os visitantes non se atoparon cómodos ante un Viveiro que chegaba a ráfagas, cun Moreda excelso ante o seu exequipo. Tichu chegaba con perigo dende segunda liña. E Javi Pita, veciño en bando contrario, deixaba a parada da tarde nunha das incorporacións do dez dos mariñáns. O mediocentro chairego coquetou co gol de novo pero a ausencia de V(B)AR impediu comprobar unha posible gol pantasma. Nin co plasma de turno nin co poder do carajillo con esto das cantinas pechadas… Tampouco se protestou moito. O debutante Jorge Méndez levou o encontro sen maiores problemas.



Algunha amarela que outra amosou ao seu debido tempo e todo baixo control. Incluso co aumento de decibelios na segunda metade, con algunha que outra entrada a destempo. Tamén aumentaron as ocasións de Tichu. Esta vez cun gol anulado por claro fóra de xogo. Nunha das escasas aproximacións dos de Simón Lamas, José Varela aproveitou un balón dentro da área para perforar a meta de Cedrón. Lonxe de virse abaixo, os de Chusky mantiveron o tipo. O novo comandante Asier buscaba a súa a perna cambiada. O antigo comandante, Marino, recuperaba pouco a pouco sensacións na súa volta ao lateral. E ao Villalbés que o viu crecer. Non ían ser eles os protagonistas. Ese papel correspondeulle aos de case sempre. Ao capitán Xaime, cunha nova marabilla a pelota detida. Así como a Gerardo, que lle bastou algo menos de media hora para gozar coas súas travesuras. ‘Pillerías’ á gatada, rabona para o Youtube e un disparo cruzado á rede para firmar a remonta xusto antes do pitido final. Un deses xogadores polos que paga a pena mercar unha entrada. Dos que che cola a súa bachata neste maldito baile de máscaras.

O regreso: Viveiro-Rácing Villalbés (2-1)

Volve a rodar o balón: Viveiro e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *