#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

O Quiroga é novo líder do grupo sur

Voltou a competición na Terceira Galicia. No grupo norte o Racing Vilalbés B non pasou do empate no campo do Abadín, pero mantén o liderado. No grupo sur o Quiroga xa é primeiro logo de golear ao Taboada B e da derrota do Rubián nas Rapadas.

grupo norte

Un Abadín en inferioridade numérica acada un punto fronte ao Racing Vilalbés B(2-2). Comezou a tarde co pé cambiado para o cadro local, que perdeu a dous xogadores na previa e viu como no minuto 20 quedaba cun home menos ao ver Pablo Díaz o cartón vermello directo. O filial chairego saiu moi forte ao encontro e nada máis comezar Samu por por diante aos seus cun bonito tanto pola escadra. Non se veu abaixo o Abadín e catro minutos máis tarde Gayoso logra o empate cun tiro desde o borde da área. Xa cun home menos, o Abadín encaixou o segundo, obra de Gabri, no que foron os mellores minutos dos pupilos de Iván Lamas. Os locales buscaban a contra e antes do intermedio Gayoso logrou a igualada. Na segunda metade o dominio foi do Racing Vilalbés B, pero a boa defensa do Abadín impediu que o líder sacara os tres puntos.

O Catro Roldas rematou coa boa xeira do Celeiro (5-0). Os da Canteira golearon a un Celeiro que chegaba en rachaa e foron quen de recurtar diferencias co líder nun encontro que comezou igualado, pero o tanto de David Orosa aos vinte minutos desnivelou a balanza a favor do conxunto local. Non tardou Moha en poñer terra de por medio. Na segunda metade o gardameta local Víctor resultou providencial para impedir que o Celeiro se metera no partido e Moha sentenciou co segundo tanto na súa conta particular. Luis fixo o cuarto e Samu moi preto do final completou a goleada.

O Mondoñedo reencontrouse coa vitoria fronte ao Rioaveso (1-0). Triunfo pola mínima dos de Isra, que fixeron o encontro máis serio do que vai de temporada. O encontro resultou moi vistoso para o espectador con dous estilos moi diferenciados. O Rioaveso levou a iniciativa e o Mondoñedo xogou á contra, e así foi como chegou o gol, a falta dun cuarto de hora para o final, obra de Javi. Os chairegos buscaron a igualada con longas posesións, pero a boa defensa mindoniense impediulles finalizar os ataques.



O Friol B goleou a unha Comercial B en inferioridade (5-0). Aínda que o marcador non o reflexe a primeira metade foi igualada e con escasas ocasións. O cadro local foi quen de adiantarse cun tanto de Adri. A segunda metade veu condicionado pola expulsión do visitante Toño por cartón vermello directo cando só se gastaran oito minutos. O encontro deu un xiro radical e o Friol B acadou catro tantos máis.

O bo encontro do Nuevo Nausti saldouse con goleada en Matela (2-6). O cadro visitante amosouse moi superior ao seu rival ao longo de todo o partido, sobre todo ao comezo. Os vilalbeses xa mandaban no minuto 7 por dous goles de diferencia. Herrero foi un dos grandes protagonistas cun hat-trick en só media hora. O Matela foi quen de meterse no encontro no primeiro tramo da segunda metade, pero o Nuevo Nausti sentenciou nos últimos dez minutos.

grupo sur

O Quiroga goleou ao Taboada B e fíxose co liderado (6-1). Entrou mellor ao encontro o conxunto local e Jose certificouno cun gol aos once minutos de xogo. O filial do Taboada igualou de contado cun golazo de Michel. Non durou nada o empate, xa que, no seguinte minuto Iván Coba poñía de novo en vantaxe ao Quiroga. Logo de tres goles en apenas un cuarto de hora, o marcador non se moveu de novo ata ben entrada a segunda metade. Os visitantes chegaban con máis perigo e nunha contra logo dunha ocasión errada polo Taboada B, chegou o terceiro tanto local, de novo obra de Iván Coba. O Quiroga fíxose dono do partido e dous tantos de Jose finiquitaron o encontro. Marcos marcou o sexto.



O Castroverde gaña ao Relámpago Taboada cun marcador que non deixa lugar ás dúbidas (0-11). O cadro local chegou ao encontro moi curto de efectivos e con varios tocados para rematar xogando con dez xogadores. O Castroverde amosouse moi superior e xa marchou ao descanso con catro goles de vantaxe, tres deles obra de Borja. A segunda metade non tivo historia. En quince minutos os de Fran Veiga foron quen de anotar catro goles máis e completaron a goleada no último tramo de encontro.

Terceira vitoria consecutiva do Páramo que baixa ao Rubián do liderado (1-0). O encontro comezou moi igualado, con moitas disputas e poucas ocasións. O partido abriuse na segunda parte. Chegaron as ocasións para os dous conxuntos, ata que no minuto 70 un balón parado ben sacado por Fontal rematouno Chivas ao fondo da portería. Nos últimos intres o Rubián a piques estivo de marcar pero Miguel sacou o balón de debaixo dos paos.

O Monterroso B sumou a segunda vitoria consecutiva tras vencer no campo do Palas (I0-2). Sexta xornada sen perder do filial monterrosino que foi quen de sacar unha importante vitoria do sempre difícil campo do Palas. Ademáis un triunfo merecido dos pupilos de Javichu, que pouco a pouco fixéronse dominadores do encontro. A mellor ocasión foi para Yoni que errou un penalti na primeira metade que él mesmo provocou. Na segunda parte os monterrosinos tiveron que agardar ata o minuto 80 para poñerse por diante cun tanto de Burgo ao aproveitar un rexeite. Tan só dous minutos máis tarde Coto sentenciou tras recoller un balón a tiro de Yoni. Nos últimos compases o Palas puido meterse no partido pero errou un lanzamento de penalti.

Terceiro empate consecutivo do Incio, na casa fronte ao Sober (0-0). Encontro moi pouco vistoso de ámbolos dous conxuntos, que estiveron moi erráticos nas diferentes facetas do xogo. Os dous conxuntos tiveron ocasións para levar os tres puntos, pero non estiveron atinados na finalización.

O Santa Comba aférrase aos postos de promoción logo de gañar no campo do Bóveda (0-2). Encontro igualado na primeira metade, sobre todo ata que Jorge abriu o marcador preto da media hora de xogo. O Bóveda gozou de ocasións, aínda que sen acerto de cara a portería. Na segunda metade o goleador Jorge sentenciou nunha xogada á contra. O cadro local protestou esta acción por unha man non sinalada polo colexiado.



O Quiroga é novo líder do grupo sur

Novo e Fagín, golpeos de clase

O Quiroga é novo líder do grupo sur

A Porra de Futbolinlugo, 15

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *