#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Lemos: un derbi para rematar o ano futbolístico

Chegamos ao final do ano futbolístico no noso fútbol, pero antes de que este remate tócanos disfrutar dun derbi entres dous dos mellores conxuntos da Preferente. A Sarriana e o Lemos mídense na Ribela o domingo ás 16:30 horas nun encontro marcado polas importantes. Arbitrará o colexiado lucense Pérez Prado.

A Sarriana chega ao derbi na segunda posición logo de perder o liderato na última xornada ao caer derrotado pola mínima no campo do Mugardos. Aínda que a temporada do cadro sarriao está resultando sobresaínte, é certo que a domicilio o conxunto adestrado por Edu Rodríguez non foi quen de puntuar ante equipos chamados a pelexar tamén polo ascenso como o propio Mugardos ou o líder Montañeros. En troques, na Ribela ata o momento atópase intratable. Seis triunfos noutros tantos partidos e só tres goles encaixados. É a carta de presentación dunha Sarriana que non poderá contar con tres xogadores claves no seu esquema: Omar, Gerardo e Keko.

Nun gran momento de forma afronta o Lemos o último encontro do 2021 cunha soa derrota nos últimos sete encontros. Esta xeira positiva dos de Alberto López fixo que os monfortinos se situaran nos postos de privilexio. Cuartos, a cinco puntos da Sarriana, e cunha renda considerable cos postos de promoción de permanencia. Ademáis, o Lemos está amosándose moi sólido lonxe da Pinguela, cedendo só catro puntos nos seus desprazamentos.

O último enfrontamento entre Sarriana e Lemos na Ribela tivo lugar o 30 de maio deste ano 2021 e rematou con triunfo monfortino por cero goles a un. O único tanto do encontro anotouno Diego Torres, que xogará o encontro desta volta coa camisola da Sarriana.



Luca´s Grill

que opinan os protagonistas?

JACOBO VILARIÑO (SD SARRIANA)

  • As ausencias. «Mentiría se dixera que non temos baixas importantes, pero considero que somos un gran equipo con xogadores que poden suplir esas baixas con garantías. Afrontamos o partido con moitas gañas. Un derbi sempre é bonito de xogar e sairemos a traballar e a intentar facer un bo papel sobre o campo».
  • A clave. «Estará no acerto que teñamos os dous equipos. Creo que o encontra pasará por diferentes fases. Creo que se somos capaces de levar a cabo o noso xogo e estamos seguros co balón poderemos facerlles bastante dano. Teremos que estar moi atentos á súas transicións, que son o seu gran perigo».
  • O camiño cara o ascenso. «É complicado. Temos un camiño longo e complicado que percorrer, pero creo que se seguimos nesta liña, confiando no adestrador e no corpo técnico, imos pelexar ata o final. Tódolos equipos que están aí arriba na pelexa teñen calidade suficiente para lograr o obxectivo. O que esté máis acertado será quen teña o premio final».

ÁLVARO (LEMOS)

  • O bo momento do equipo. «Chegamos ben. A primeira volta serviunos para coñecernos e imos tentar facer a segunda ao mesmo nivel ou mellor. O derbi vén nun bo momento, afrontámolo con ganas, xa que, son encontros especiais e bonitos de ver. Gustaríame que xogara Omar para que fora algo máis especial, pero eles teñen un equipazo igualmente, calquera que xogue pode facernos dano».
  • O rival. «Teñen moitísima calidade. Nós teremos que suplir iso a base de intensidade. Imaxino un encontro moi igualado e levarao o que esté máis acertado nos momentos claves».
  • A fortaleza do equipo. «Creo que todo se basa no traballo. É incrible o que poden chegar a correr estes «xabaríns» adestrando. Somos unha familia, a min desde o primeiro día recibíronme xenial e axudáronme en todo. Se seguimos nesta liña podemos xogar o play off de ascenso, pero hai que ir partido a partido, xa que calquera pode pintarcha a cara».
Moreno´s Pizza

a axenda

TERCEIRA DIVISIÓN



  • Viveiro – Polvorín (Sábado ás 16:30 horas en Cantarrana): logo de acadar o primeiro triunfo a domicilio, os de David Páez buscarán encadear dúas vitorias consecutivas que os alonxen do perigo. Enfronte un Polvorín que tentará aproveitar o derbi para reconciliarse coa vitoria despois de dúa xornadas consecutivas empatando.
  • Racing Vilalbés – Ourense CF (Sábado ás 16 horas na Madalena): os chairegos reciben a un dos cocos da categoría, pero que está a tiro de pedra na clasificación dos de Simón Lamas e tentarán alongar a gran xeira de máis de dous meses sen perder.

PREFERENTE NORTE

  • Escairón – Foz (Domingo ás 16 horas no Municipal): os dous últimos clasificados fronte a fronte. Tres puntos vitais nas súas aspiracións de engancharse ao tren da permanencia.
  • Ribadeo – Mugardos (Domingo ás 16:15 horas no Pepe Barrera): os de Dani Moirón precisan dun triunfo logo de dúas derrotas consecutivas que cortaron o despegue dos ribadenses. Non o terán doado ante un dos conxuntos chamados a pelexar polo ascenso.

PRIMEIRA AUTONÓMICA

  • Portomarín – San Lázaro (Domingo ás 16 horas no Chao da Poza): o cadro local tratará de lograr un triunfo para rachar a irregular traxectoria dos últimos partidos. Enfronte, o conxunto adestrado por Diego Rey, logo de dous empates consecutivos, precisa dun triunfo para achegarse á zona alta.
  • Xove Lago – Riotorto (Domingo ás 17:15 horas no Municipal): os de Bruno Gómez atópanse no seu mellor momento do curso logo de dous triunfos consecutivos. Unha vitoria meteríaos de cheo na pelexa polos postos de privilexio. O Riotorto precisa dos tres puntos para non deixar fuxir a Castro e Pol na cabeza.

SEGUNDA AUTONÓMICA

  • Cospeito – Meira (Sábado ás 16 horas na Fonte): os dous primeiros fronte a fronte. Un triunfo local apretaría a clasificación ao máximo, pero os de Labrada chegan a este encontro invictos e con pleno de vitorias a domicilio.
  • Oural – Brollón (Domingo ás 16 horas no Luis Pallín): logo de dúas derrotas consecutivas, o conxunto local tentará acadar os tres puntos que lle permitan optar ao liderato. Os de Chura tentarán sumar para non caer á zona de play off de permanencia.

TERCEIRA AUTONÓMICA

  • Rioaveso Machinango – Catro Roldas (Domingo ás 16 horas en Paraños): derbi vilalbés no que o conxunto local tentará rachar a xeira de tres encontros sen gañar diante dun Catro Roldas que non perde desde a primeira xornada.



O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Lemos: un derbi para rematar o ano futbolístico

A incidencia da covid tamén afecta a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *