#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Boiro: todo ou nada no debut de Jaime Paz no banquiño

Se a pasada xornada xa era unha final, o encontro da Sarriana diante do Boiro acada o calificativo de finalísima. Todo ou nada para o conxunto lucense o domingo ás 18:30 horas na Ribela coa arbitraxe do colexiado coruñés Belmonte Martell.

A semana comezou convulsa na Sarriana coa destitución de Charly á fronte do equipo á falta de dúas xornadas para o remate de liga. Logo dunha gran primeira fase na que os sarriaos remataron líderes do grupo lucense, dous malos resultados na liguiña de ascenso remataron coa destitución do adestrador e o nomeamento Jaime Paz á fronte do equipo. O técnico, con experiencia nas categorías inferiores de C.D. Lugo e Deportivo afronta o difícil reto de rematar nas dúas primeiras posicións.



 

A primeira embestida chegará este domingo diante do Boiro. Un triunfo da Sarriana serviríalles para superar aos da Barbanza na clasificación e chegar á derradeira xornada diante do Noia coas opcións de ascenso intactas.  Para iso é preciso recuperar o olfato goleador que a Sarriana amosou na primeira fase de competición, con preto de tres goles de media por encontro, e que desapareceu agora xa que non foron que de anotar nas dúas xornadas disputadas.

O Boiro conta por vitorias os seus encontros, ámbolos dous no campo de Barraña diante de Lemos e Atlético Coruña Montañeros. O equipo adestrado por Cristian Pérez deu mostra dun equipo sólido, que apenas concedeu ocasións de gol aos seus rivais. Con xogadores experimentados como Paco, Borja, Cea ou Jon e coa ameaza constante para o rival de Jorge Casal ou Saviola, o Boiro pasa por ser un dos grandes favoritos a xogar a vindeira temporada en Terceira.



O último encontro entre ámbolos conxuntos na Ribela data do 14 de novembro de 2019 e rematou con triunfo visitante por un gol a dous. Alvarito adiantou á Sarriana e Óscar «La Magia» Martínez e Saviola déronlle a volta ao marcador para o Boiro.

Falamos do encontro con Álex Pérez, que logo de acadar o ascenso a pasada temporada co Viveiro, buscará repetir éxito coa Sarriana.

 

QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?



ÁLEX PÉREZ (S.D. SARRIANA).

 – O mal comezo de segunda fase. «O gran problema é que non conseguimos marcar. Creo que os dous primeiros partidos foron bastante cerrados, moi típicos dunha fase de ascenso. Contra o Montañeros tivemos unha ocasión moi clara para adiantarnos cun tiro ao longueiro e na acción seguinte márcannos o único tanto do partido. No último partido diante do Sofán tivemos tamén tres ou catro opcións claras que non conseguimos que remataran en gol. As fases de ascenso son así e está todo moi igualado. O que pensara que ía ser doutro xeito está equivocado».

– O encontro co Boiro. «É unha final. Sabemos que só vale gañar e iso é o que imos intentar. No caso de perder ou empatar acabaríase o ano, pero se vencemos estaríamos a un paso do ascenso. O rival ten moitos xogadores con experiencia en categorías superiores e ata o momento son mellor equipo ca nós, polo que non será nada doado».

– A posibilidade de repetir ascenso. «No caso de logralo sería unha gran alegría. Por unha banda a nivel persoal e por outra a nivel de clube, xa que a Sarriana nunca estivo en Terceira».

O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Boiro: todo ou nada no debut de Jaime Paz no banquiño

Ross e Aldán Naval preparados para a

O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Boiro: todo ou nada no debut de Jaime Paz no banquiño

Diario dun mercado. Episodio 202

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *