O pasado domingo falabamos nesta páxina web das malas consecuencias que o fin da temporada ten para os futbolistas. Especialmente para os nenos e nenas amantes do deporte. Afortunadamente, os distintos clubes organizan iniciativas durante o verán para que os cativos poidan matar o gusaniño.
Na primeira edición deste artigo podénse consultar tres das iniciativas propostas este ano (se aínda non as viches, preme aquí, e prometimos unha segunda entrega. Velaquí tres novos campus de verán que terán lugar na nosa provincia!
- II Campus ACD Piringalla: os pequenos poderán disfrutar deste campus o día 22 de xuño e dos días 25 ao 29 dese mesmo mes. As actividades, que terán as súas principais ubicacións no campo O Polvorín e no polideportivo do colexio María Auxiliadora, irán desde a práctica de múltiples deportes, ata excursión (por exemplo, ao Aquarium da Coruña), entre moitas outras.
Os participantes disfrutarán dunha xornada de confraternización co campus do Racing Villalbés.
- IV Campus Racing Club Villalbés: a capital chairega ofertará un atractivo campus entre o 25 e o 30 de xuño na área deportiva da Magdalena. O programa está orientado á aprendizaxe de nenos e nenas, contando incluso cun grupo de tecnificación para os rapaces de entre 14 e 18 anos. Porén, as actividades tamén buscarán a formación persoal dos participantes, contando coa xa mencionada xornada de convivencia cos pequenos do campus da ACD Piringalla.
Destaca que Roberto Trashorras será o padriño deste campus unha vez máis, o que sempre é un «plus» para os nenos que o admiran e soñan con chegar á Primeira División.
- CDLuCamp: o campus do clube referencia na provincia diferénciase dos demais en que gozará de distintas sedes por todo o noso territorio, e incluso fóra da provincia. A metodoloxía será similar en todos eles, e estará orientada a mellorar técnica e tácticamente aos pequenos, pero sen esquecer a diversión.
- Sarria: no campo da Ribela, entre o 25 e 29 de xuño, en colaboración coa SD Sarriana.
- Lugo: no campo da Cheda e no Centro Deportivo Forus, entre os días 2 e 6 de xullo, e unha segunda edición entre o 27 e o 31 de agosto.
- Chantada: entre os días 2 e 6 de xullo no campo do Sangoñedo, coa axuda da SD Chantada.
- Burela: nas instalación deportivas da Marosa, coa colaboración da AFD Porto Burela, entre os días 9 e 13 de xullo.
- Fene: gracias á SD Cultural Maniños, o campus exténdese fóra da provincia. As datas serán de 9 a 13 de xullo.