A Primeira foi a única e exclusiva protagonista da última fin de semana para As Nosas Guerreiras. No grupo de ascenso, chegou a alegría. Pola contra, na loita por evitar o descenso todo foron malas noticias.
O Lugo encadenou a súa terceira xornada consecutiva sen perder nun encontro cun guion parecido aos últimos. Dominio da posesión e moitas ocasións no inicio. María Valcárcel fixo un golazo na primeira aproximación das rapazas de Joaquín. Despois, chegou unha boa dose de pólvora mollada. Fallando incluso oportunidades a porta baleira.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/05/Mery-Antas-fem.jpg)
Iso fixo aparecer a desconfianza e o partido abriuse. O O Val empatou xusto antes do descanso. Porén, na reanudación, o cadro branquivermello tivo esa sorte que foi esquiva outros días. E Berta conseguiu o tanto do triunfo na última xogada do encontro. O Lugo asinou así un inicio e final de partido de película de Hollywood.
O Antas entrou en zona de descenso despois de caer con claridade no campo do Victoria CF B e ver como o Concello de Boiro gañaba o seu partido. As rapazas do Castro Seoane non deron coa tecla e xa recibiron o primeiro golpe antes dos dez minutos de xogo. Outro tanto antes do descanso, e dous xusto despois do intermedio; mataron o duelo. Mery fixo o gol da honra.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Pola súa parte, o PM Friol B só queda cun punto de vantaxe sobre a zona de descenso. Os rivais da zona baixa venceron nesta última data mentres que as de Diego Vivero foron superadas polo Orzán. No cuarto choque da temporada entre ambas escuadras, o PM Friol B non foi capaz de presionar ben e deixou escapar os puntos en terras coruñesas.
Resultados da xornada
Lugo 2-1 O Val
Orzán 3-0 PM Friol B
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Victoria CF B 4-1 Antas
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/05/Presentacion-FIL-2.jpg)