#Anecdotario #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

O anecdotario: «Ver ou non ver, esa é a cuestión», por Álex Pérez

A falta dunha, van dúas anécdotas. A diferencia entre ver e non ver.

Recordo que tiñamos un compañeiro, non galego. Un día xogabamos contra o Compostela. E claro, viu no grupo de Whatsapp que se quedaba no Vero Boquete. Entón colleu e escribiume por privado:

-Oíches Álex. Que é eso de Vero Boquete? Ver el agujero?

A proba do delito

Non sabía que lle cambiaran o nome a San Lázaro!



A segunda anécdota é a do compañeiro que nunca fora capitán. E tocoulle un día determinado. Estaba todo emocionado. Xogabamos contra o Boiro alá. Sorteo de campos, asubía o colexiado para comezar. Sacaban eles ademais. Segundo se move o balón, empeza a berrar, correndo cara o colexiado:

-Para, para, para!

Collen os outros, paran o balón e danlle o balón ao árbitro. Obviamente, preguntáronlle que pasaba. A resposta:



-Estamos dez!!!

Estaba Omar (ex Racing Villalbés, actual xogador da Sarriana) aberto alí en banda, cun cartel verde ao fondo, e o noso capitán non o viu. Debeuse fusionar o cartel ca camiseta de Omar…

Álex Pérez Prado. Xogador da Sarriana. Lateral zurdo contrastado onde os haxa.

O anecdotario: «Ver ou non ver, esa é a cuestión», por Álex Pérez

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *