Día de xeada e néboa nas Gándaras. Non se vía absolutamente nada. E como moitos de vós xa sabedes, eu xogo con gafas ao fútbol. Non sabía que facer e pregunteille ao central contrario en busca dunha solución para poder ver algo.
– «Ti cuspe nas gafas, un pouco de saliva e logo xa ves», contestoume.

Fíxenlle caso. Pero eu seguía sin ver. Volvín onde o central!
– «Pero por que non vexo nada?», díxenlle.
– «Home Valiño, terás que coller e limpar a saliva que acabas de botar. Non deixala aí posta nas ‘gafas'», espetoume.
E xa foron as risas de todos… Unha anécdota máis das moitas que teño.

Víctor Valiño López ‘Valigol’. O maior influencer da comarca da Ulloa. Xogador do Monterroso B, co escudo ‘red’ sempre no peito