O anecdotario: «Un imán para os alcumes», por Lucky

Chamábanlle Diego. Un día todo cambiou e os alcumes fixéronse unha constante

Hoxe vouvos falar da orixe do meu nome. Vouvos dicir de onde vén o de ‘Lucky’ e o que deu de si esa invención.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Pois ben, púxomo unha antiga profesora miña en Friol. Estaba na ESO e era coñecida de meu pai, e como llo chamaban a el… Un día soltoume Lucky na clase. E xa mo empezaron a chamar de cotío. Aínda que… oficial, oficial debeuse facer cando xogaba no Friol!

Lucky, en Abegondo. RC DEPORTIVO
Fiso Ronda

A partir de aí, todo dexenerou. Cheguei a Ribadeo e, no primeiro adestramento, Parapar chamoume Lucas. E Mauro Poratti xa empezou a vacilarme con: «Lucas, Lucas…». E coma el dous ou tres máis do equipo.

Logo cando asinei en Viveiro, nun xornal puxeron Chuky… Máis vacile! E incluso quero recordar que en Friol ata fun nombrado ‘Albardeiro’ por un compañeiro. A razón sigo sin sabela. Por último, quédame o alcume de ‘Lucrés’. Que é o nome da miña casa! Así que xa vedes, alcumes teño para un rato.

Luca´s Grill

Diego Fraga Fraga ‘Lucky’. Da casa de Lucrés, atacante do Viveiro

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 793

Deja un comentario