Corría o ano 2010, o C.D Lugo visitaba o pouco vistoso e agradable campo do Guijuelo C.F, na primeira temporada como adestrador do cántabro Quique Setién. E como compañeiro de luvas, Miguel Escalona, o que despois sería un dos heroes do club amurallado.
Todo transcorría con certa normalidade naquela mañá de Domingo. Desaiuno, paseo, comida pre-partido, e a prepararse para baixar ao Estadio Municipal de Guijuelo. Unha vez feita a situación cronolóxica, paso a relatar o que sería un dos meus peores días nun terreo de xogo. E por qué digo o peor? Agora o entenderedes…
Faltaban aproximadamente 1 hora e 50 minutos para o comezo do partido. E a expedición do C.D. Lugo estaba preparada para subir no autocar para dirixirse ao estadio. Nese momento, empezo a notar que o meu estómago non está de todo ben, pero non lle dou moita importancia, sería algo pasaxeiro. Unha vez acomodado no autocar, noto que ese mal estar non remite, menos mal que o traxecto era curto, porque nada máis chegar o Estadio Municipal de Guijuelo, tiven que deixar todo o xantar no WC. A miña sensación era, bueno caeríame mal a comida, agora xa pasou.
Por desgraza, isto non foi así, mentres o ‘míster’ daba a once (no que eu xa non contaba estar) e a charla do partido, eses síntomas de mal estar volveron. Tendo que volver visitar a Roca, momento máis que incómodo, xa que o vestiario estaba todo en silencio o único que se escoitaba era a Setién e a min.
Chega o momento de saír a realizar o quecemento, e eu pensando que non podía quedar moito máis dentro do meu estómago. Pero non era así, entre centro e centro, tiven que buscar un lugar pouco visible, xa que as náuseas volvían outra vez. A sorte é que Guijuelo non se caracteriza nin por o seu bon olor, nin por que acuda moita xente ao estadio. Unha vez realizado o quecemento, acudo xunto o corpo técnico e coméntolle o meu malestar. A solución? Pinchar un Pimperán para cortar o meu malestar.
Eu nese momento, solo pensaba como sería o meu viaxe de volta, podía ser unha odisea… E de repente, entra o delegado do Lugo e comenta que no descanso vaise sortear quen son os xogadores que teñen que pasar o control antidopaxe. Ajá! Coa sorte que estou tendo fixo que me toca a min! Pois chegou o descanso e zas! Nº 13. Pero que vou mexar eu … se levo vomitado tres veces e aínda me quedaría unha máis antes de acudir á sala de dopaxe
Pos alí me presento cos meus compañeiros e adversarios, e explícolles que non sei que queren que orine, que todo o que bebo que todo o vomito…
A situación non era cómoda nin moito menos, os compañeiros esperando no bus, o meu corpo que non tiña ganas de coñas. Derrota 2-0, e un tipo cada vez que intentabas orinar a un centímetro teu. Pois como que a cousa non fluía. Non sei canto tempo pasou, quizais unha hora, cando o bus do C.D. Lugo decide iniciar a volta á cidade amurallada. E alí quedamos Abad e eu facendo ganas de mexar.
Eu xa rondaba a desesperación, cando lles dixen os encargados da dopaxe se podía ducharme, porque a verdade é que no mes de marzo en Guijuelo, non fai precisamente calor. Pois non sei se foi a calor da ducha, ou o son da auga, que puiden completar o proceso do control antidopaxe. Iso si co tipo mirando fixamente para o meu membro viril.
Por fin vía que un dos meus peores días, tocaba ao seu fin. Tres horas e media despois de que o árbitro pitase o final do partido. Alí estábamos Abad e eu, no hotel de concentración. Ao día seguinte alugamos un coche en Salamanca e emprendemos a viaxe a Lugo. Primeira e última vez que pasei un control antidopaxe.
Javier Ares Díaz ‘Viusky’. Gardamallas do Friol e adestrador de porteiros do Racing Villalbés