#Fútbol afeccionado #Feminino

O 2023 chega cunha dose de pegada para o CD Lugo

O Lugo viviu unha plácida estrea do 2023, na que pareceu deixar atrás a falla de efectividade do pasado ano. As de Joaquín Blanco tiveron un partido relativamente tranquilo. Adiantáronse cedo e puxeron o 0-3 antes do descanso. As albivermellas fixeron moito dano por bandas ante a arriscada presión do Tomiño. Na reanudación, co encontro xa de cara, as lucenses manexaron o xogo e o resultado. E perdoaron unha goleada maior. O liderado queda a só tres puntos para as de Joaquín Blanco.

A outra cara da moeda foi para o Antas, que recibía a visita do líder no Castro Seoane. O Sárdoma B mostrouse moi superior desde o seu xogo combinativo. As de Dani Abelairas realizaron un bo exercicio defensivo durante a primeira metade (0-1). Aínda que resultou insuficiente, xa que as visitantes remataron goleando tralo paso pola zona de vestiarios.

O San Roque e o PM Friol B levan os derbis da xornada con claridade

Catro goles de Irene e sendos dobretes de Mery e Sofía ratificaron o ‘dez’ que lle fixo o San Roque a unha Comercial mermada polas baixas. As de Vivian Dors remataron o encontro con nove xogadoras por culpa das lesións e a ausencia de cambios. Un triunfo moi cómodo para as de Quiroga, que son un dos catro equipos lucenses en zona de play off de ascenso.

Un pelotón de elixidas que encabeza un PM Friol B que só coñece a vitoria esta tempada. As de Geluco Villar recibían na Reigosa ao segundo clasificado, o San Lázaro. O cadro de Luchi plantoulle cara ao filial amarelo, especialmente na primeira metade. E todo elo a pesares do baixón psicolóxico que supuxo a baixa de Eukene antes do cuarto de hora, tras recibir un golpe nun lance do xogo. Nuria Meijide abriu a lata xusto antes do descanso para poñer en vantaxa e un PM Friol B, que tivera varias ocasións con anterioridade. E a goleadora desatouse na segunda metade, na que acabou conquerindo un hat trick en medio da superioridade local. O gran partido de Inés ou Salma non bastou para as capitalinas.



Nuria logrou un hat trick para o PM Friol B no derbi ante o San Lázaro

O que xa está a só dous puntos do San Lázaro é o Chantada, que venceu pola mínima no sempre complicado feudo do Touro. Noela adiantou ás de Gorry pasada a media hora de xogo nunha primeira parte moi disputada. A igualdade mantívose despois do descanso. Ambos equipos tiveron as súas oportunidades. O Touro empatou nunha falta lateral lonxana e directa. Porén, a SD replicou con varias ocasións. Levándose o gato á auga cunha fermosa vaselina de Eva a seis minutos da conclusión.

Hai outro equipo polo sur da provincia que tamén sorrí. O Monte Forte acabou coa súa xeira de derrotas tras superar pola mínima ao Bandeira. Un gol de Moji no ecuador da primeira metade decidiu a contenda no Luis Bodegas. No entanto, o Carballedo non foi quen de gañar esta pasada semana. Dous goles do Santiso nos dez minutos finais tumbaron ás de Adrián Rodríguez, que non lograron despregar o seu habitual fútbol vistoso.

A vaselina de Eva, que lle deu o triunfo ao Chantada

Por último, a Milagrosa cedeu nos segundos corenta e cinco minutos ante a pegada da pichichi da categoría. As de Héctor Expósito empezaron o encontro do mellor xeito posible, cun gol de Leire. Mantendo esa mínima vantaxe ata o minuto 52. Aí iniciou o Arzúa a súa remonta da man de Zaira. Tres tantos da referente goleadora da Segunda Galicia para dar tres puntos de ouro ás da terra do queixo.



Resultados da xornada

Moji, un gol que vale tres puntos para o Monte Forte

PM Friol 0-0 Athletic C

Tomiño 0-4 CD Lugo

Antas 0-4 Sárdoma B

Comercial 1-10 San Roque

Monte Forte 1-0 Bandeira



PM Friol B 4-0 San Lázaro

Santiso 2-0 Carballedo

Milagrosa 1-4 Arzúa

Touro 1-2 Chantada

Dous debuts e un valioso punto na Reigosa

O PM Friol iniciou o ano sen goles, pero cun bo punto para a súa pelexa pola salvación na Segunda RFEF. As de Covi sobrepuxéronse ás baixas e asinaron un partido igualado ante un rival directo. As lucenses tiveron ata tres ocasións claras pero o marcador non se moveu. A mellor noticia foi o dobre debut que se viviu na Reigosa. Nuria e Yasmín estreáronse co primeiro equipo.

O 2023 chega cunha dose de pegada para o CD Lugo

Máxicos Futbolinlugo. Xornada 17

O 2023 chega cunha dose de pegada para o CD Lugo

Un campión de inverno vestido de laranxa

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *