#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Novidades na Terceira RFEF e continuidade na Preferente

A pouco máis de quince días para o inicio da Terceira RFEF e a Preferente, analizamos os bancos dos diferentes equipos lucenses. Comezamos pola categoría estatal.

O recén descendido Polvorín cambia de Roberto. Trashorras deixa paso a outro exfutbolista lucense. Roberto Fernández sóbe desde o xuvenil B albivermello ao filial do Lugo. O chantadino, experimentado e capacitado, tratará de conxugar as novas fichaxes cos últimos talentos saídos desde As Gándaras.

Outro banco que muda de inquilino é o da Sarriana. Brais Prados ascendeu ao equipo da Ribela pero será outro o que desfrute o ascenso. O agraciado procede de Vigo e recibe o nome de Jorge Cuesta. Un home que marcou unha época na base do Celta e con experiencia ata en China.

Alberto López, segunda tempada consecutiva en Cantarrana

Por último, o Viveiro é o único equipo lucense da categoría que mantén ao seu adestrador. Semellaba que Alberto López non continuaría en Cantarrana esta campaña. Porén o lugués buscará un novo fito ás beiras do Landro, cun cadro de xogadores moi diferente ao do curso pasado. Toca reinventarse outra vez pola Mariña!



Na Preferente, por vez primeira en moitos anos, todos os adestradores continúan nos seus respectivos equipos. Rafa Casanova, que colleu ao Castro a metade da última campaña, volverá cos do Municipal a unha Preferente que botaban de menos. Pola súa parte, Óscar Moure seguirá tamén no Lemos tras facer un bo papel coa derradeira tempada iniciada.

A Residencia volve confiar de novo nun dos seus homes da casa: Dani Galán. Os branquiazuis veñen de asinar a mellor temporada da súa historia e agardan non pasar apuros nesta Preferente. Non nos olvidamos de Ribadeo, onde continúa un Dani Moirón que foi de menos a máis durante a campaña 22/23. Cun bloque consolidado e mellorado, veremos a onde chegan os do Pepe Barrera!



Novidades na Terceira RFEF e continuidade na Preferente

Diario dun mercado. Episodio 391

Novidades na Terceira RFEF e continuidade na Preferente

Diario dun mercado. Episodio 392

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *