Salvatierra Abogados patrocina unha semana máis os Máxicos, que traen derbis de infarto e outro pinchazo do Pol.
A Milagrosa encarrila tres victorias seguidas a costa do Lourenzá (1-0). Os visitantes tiveron o control do choque ao longo do primeiro tempo, no que o colexiado asinou unha pena máxima ao seu prol, pero o asistente correxiu a decisión e ubicando a infracción fóra da área. No segundo tempo, a Milagrosa deu un paso adiante, consciente da importancia do partido, e obtivo o premio do gol nunha boa acción grupal.
Antes do 1-0, o Lourenzá protestara unha acción na que o balón rebasar a liña de meta e, xa no tempo engadido, os laurentinos dispuxeron dun penalti para empatar, pero erraron o lanzamento. Ao final, tres puntos vitais quedaron no feudo da Milagrosa.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/03/WhatsApp-Image-2024-02-28-at-14.37.34.jpeg)
Un Pol sen puntería cede dous puntos ante o Outeiro (1-1). Os locais tiveron o dominio e a posesión ao longo do primeiro tempo, pero tan só foron quen de anotar cun bo disparo de Marquitos desde a frontal. Na segunda metade, o Outeiro deu un paso adiante e conseguiu igualar o resultado nun balón parado que aproveitou Yeray. Coa igualada, o Pol volcouse na procura do segundo tanto, pero un pau e o bo facer visitante propiciaron o reparto de puntos no Municipal.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Foz e Guntín reparten puntos no Martínez Otero (1-1). Os mariñáns foron lixeiramete mellores no primeiro tempo, cunha presión alta efectiva e con situacións de centros laterais nas que facían dano ao Guntín. O gol local chegou como resultado dunha desas accións, e co 1-0 chegou o descanso. Xa na segunda metade, o Guntín axustou a táctica e tivo moito máis dominio, froito do cal chegou unha pena máxima que anotaron para acadar o empate. Puido remontar un cadro laranxa que contou con numerosas chegadas tras o 1-1, e tamén o Foz gozou dalgún balón parado na recta final, pero ao final o empate non se moveu do electrónico.
Unha gran segunda parte do Xove remonta ante o Chantada Atlético (4-1). Os visitantes foron mellores nos primeiros 45′, con máis control e dominio que se traduciron nun resultado de 0-1 ao descanso, froito dunha transición entre Porto e Salgado que este último culminou. Na segunda metade, os mariñáns saíron moi enchufados e empataron o choque nun balón parado, e pouco despois Carlos (un dos máxicos da semana) aproveitou un roubo de balón para poñer o 2-1. Maikel puxo o terceiro desde os once metros e Carlos sentenciou na recta final nun erro defensivo dos visitantes.
A SD Chantada non pasa apuros diante do Portomarín (7-0). O partido non tivo historia no Sangoñedo. Un mermado e desanimado Portomarín chegou a un dos campos máis difíciles da categoría con fame competitiva, pero os chantadinos anotaron tres goles antes do descanso que lles deron a tranquilidade. O bo fútbol dos Máxicos locais mantívose no segundo tempo, con catro tantos máis que aseguraron a victoria dos de Traste.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
O Riotorto e o Meira asinan táboas nun derbi de urxencias (1-1). A primeira parte estivo moi igualada, cos nervios propios dun partido así. Foi xa no segundo tempo cando Kevin fixo o primeiro gol da tarde (0-1) e o Meira gozou de dúas ocasións para pechar o choque. Porén, o Riotorto deu despois un paso adiante e igualou a contenda cun golazo de Coedo. Xa nos intres finais, a tensión do choque propiciou uns minutos moi abertos, con opcións claras para ambos conxuntos, pero ao final os puntos se repartiron na Veiga.
O Monterroso lévase un derbi de infarto diante do Taboada (2-1). Controlou máis o choque por medio do seu xogo o Taboada nos primeiros intres, con boas transicións e balóns parados, o que lle permitiu adiantarse. Porén, Antas igualou a contenda e Raulito culminou a remontada no segundo tempo.
O mellor estaba aínda reservado para a recta final, cando o Taboada dispuxo dun penalti para empatar, que errou, e dun disparo que petou no longueiro da meta defendida por Rubén. Os Máxicos do Monterroso competiron cun home menos vinte minutos, pero mantiveron o resultado e sacaron tres puntos de ouro do derbi.
O Escairón gaña en Santaballa e mira cara arriba (1-3). Os do Saviñao seguen con paso firme na zona alta da táboa logo dun partido no que se adiantaron no primeiro tempo ante un Santaballés que non se atopaba cómodo. Na segunda metade, unha pena máxima transformada por Novás puxo o 1-1, pero un novo arreón visitante foi suficiente para anotar dous goles máis e sentenciar a contenda. Ao término dos 90′, 1-3 e os puntos marcharon cara os Máxicos do Saviñao.
O Burela mete presión ao Pol tras gañar en Guitiriz (2-4). Un campo impracticable condicionou o choque para ambos conxuntos, que se caracterizou polo xogo directo e as disputas. Os Máxicos de Burela entraron ben, adiantouse á saída dun córner e ampliou a diferenza cun penalti pouco despois. Algo antes do descanso, os mariñáns fixeron o terceiro gol.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
No segundo tempo, o Guitiriz recurtou diferenzas, pero os visitantes mantiveron a compostura ante un cadro local cos ánimos renovados e, polémica mediante, fixeron o 1-4. Xa na recta final, Labrada fixo o 2-4 para maquillar o resultado, pero os tres puntos marcharon para Burela.
Máxicos Salvatierra Abogados
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/03/MAXICOS-FUTBOLINLUGO-1.jpg)