#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Máxicos Primeira. Xornada 1

*Xove Lago-Lourenzá: Igualdade e intensidade. Ingredientes típicos dun derbi que rematou en remontada local. Iago adiantou aos branquivermellos nunha primeira metade na que Recalde tivo o segundo. O Xove Lago igualou nun penalti tralo descanso. E levouse o gato á auga ao aproveitar un grave erro visitante. A peor nova foi a lesión de xeonllo de Saúl. Os de Bruno Gómez teñen agora aos seus dous porteiros lesionados.

*Pastoricense-Chantada Atlético: Empate sen goles nun partido con momentos para ambos conxuntos. O Chantada Atlético entrou mellor e o Pastoricense ameazou antes do descanso. Na reanudación, Anxo topouse co pau e Raúl firmou a anécdota da xornada. Botou unha falta que se colou na meta rival. Pero entrando o coiro polo lateral da rede, que estaba rota.

*Folgueiro-Castro: O Folgueiro marcou nada máis comezar ante un Castro que foi a máis co paso dos minutos. Os de Vitín remontaron antes do descanso. Deixaron con vida aos locais na segunda metade. O conxunto de Jandri non lle perdeu a cara ao encontro. E ganou enteiros coa expulsión de Pedro Díaz. No desconto, Aurelio pescou en río revolto nunha xogada embarullada na área. Un tanto moi protestado e que rematou coa expulsión de Torito.

*Guntín-Monterroso: Duro debut para o Guntín. Os de Martín acusaron a súa fraxilidade defensiva ante a intelixencia táctica do Monterroso. Os de Óscar Méndez encarrilaron o encontro antes do descanso e sentenciaron nunha segunda metade plácida. Os de Cerdeiriños, primeiro líder desta temporada.



*Outeiro de Rei-Friol: Primeira media hora de poder a poder. No tramo final da primeira metade, o Outeiro deu un paso adiante. Dous paus e o gol de Diego Redondo así o xustifican. Tralo descanso, os de Josito Jul sentenciaron a un Friol que sufriu as lesións de Cobas, Omar e Víctor.

*Burela-Riotorto: Un Riotorto moi serio e coas ideas claras levou un punto in extremis da Marosa. O Burela adiantouse por dúas veces. Un tanto postreiro de Pablo Ruiz de penalti propiciou o empate final dos de Suso Orxás. Os de Jaime buscaron as súas opcións dende a intensidade e o aproveitamento dos espazos. Pero o doblete de David Ben non chegou para lograr o triunfo ante un Riotorto que quedou con dez e viu como lle anulaban un gol.



*San Roque-Pol: Carlitos marcou as diferenzas no Polvorín. Gol e asistencia dun veterán que está moi vivo. O fútbol directo reinou na capital lucense nun encontro no que o San Roque estivo a punto de arañar un punto ao remate. O debutante Pedro deu o pase da morte para Iaguito, que estrelou o balón no longueiro.

*Atlético Escairón-Santaballés: Non defraudou o duelo entre dous dos favoritos. Toti adiantou aos de Montoto nos últimos compases dunha primeira metade igualada. E na que Pandiani puido facer un gol máis de pena máxima. Na reanudación, rexistrouse un penalti por barba. Os do Saviñao metérono e o Santaballés, que quedou cun home menos, errárono.

*Chantada-Taboada: Derbi de alternativas no Sangoñedo. Dous erros defensivos condicionaron a un Taboada que non logrou facer o seu xogo. Javi Ramos marcou en cada unha das partes e deixou os tres puntos na casa.

Máxicos Primeira. Xornada 1

O partido en imaxes: Sober-Chantada B (1-1)

Máxicos Primeira. Xornada 1

A Copa en imaxes: Nuevo Nausti –

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *