#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Máxicos Futbolinlugo, xornada 34

Rematou a competición para os nosos máxicos. O desenlace foi funesto para San Ciprián, Antas e Pastoricense, mentres que Sporting Pontenova, Riotorto e Monterroso estarán pendentes dos arrastres desde Preferente. Escairón e SD Chantada, pola súa banda, xogarán un atractivo playoff de ascenso!

Riotorto 2-2 Xove Lago: dous equipos con moitas baixas chegaron á Veiga e competiron un choque moi igualado e con moitas ocasións no que os porteiros se erixiron como os heroes. O Riotorto golpeou primeiro logo do arreón inicial visitante por medio de Mawdo, pero pouco despois os mariñáns empataron. Pape volveu inclinar a balanza a prol dos locais, e foi despois da reanudación cando Diego Chao empatou de penalti. Tras o 2-2 ambos equipos baixaron o ritmo, logo do gran esforzo realizado, e o marcador non se volveu mover.

San Ciprián 0-1 Foz: derbi sen nada en xogo máis als dos puntos na Mariña. O carácter festivo da tarde resultou nun choque con alternativas e atractivo para o espectador, pero sería o Foz o que se levase a victoria logo dun balón parado que puxo o 0-1. A boa actuación dos gardamallas impediu ver máis goles na Veiga.

Atlético Escairón 0-1 Pol: un Pol escaso de efectivos chegou ao Saviñao con moita ambición e intensidade, igualadas por un conxunto local que xa pensa na fase de ascenso. Ao comezo do segundo tempo, un gol de Dani Roca desnivelou a balanza a prol dos visitantes e, a partir do 0-1, os locais apretaron aos seus rivais e gozaron de ocasións claras, particularmente unha no minuto 96′ que non foron quen de anotar. Finalmente, os puntos marcharon para casa dun Pol que completou un bon final de temporada.



Burela 0-1 Outeiro de Rei: gran partido do Outeiro na Marosa, pese a que os visitantes quedaron ás beiras da promoción de ascenso. A primeira parte foi moi emocionante, con moito ritmo e oportunidades en transición por parte de ambos conxuntos. Pereira aproveitou unha desas para facer o 0-1 co que se chegou ao descanso, e o segundo tempo estivo controlado polos chairegos e apenas houbo ocasións para ningún conxunto.

SD Chantada 1-0 Chantada Atlético: o Sangoñedo vestiuse de gala para vivir un derbi vibrante no que a intensidade foi protagonista. A concentración e seriedade defensiva de ambos equipos apenas permitiu ver ocasións, algo que se compensou co ambientazo das bancadas, pero Manu decantou a balanza a prol dos seus a falta de quince minutos para outorgarlles o billete á promoción de ascenso.

Sporting Pontenova 4-2 Monterroso: choque con moita emoción e goles na Mina. Os visitantes foron mellores ao longo dun primeiro tempo no que Crespo fixo o 0-1. Na reanudación, o Monterroso tivo varias opcións pero foi o Sporting o que empatou logo dun centro lateral. Os vermellos volveron adiantarse, 1-2, con outra xogada por banda, pero os locais aproveitaron ao sacar rápido unha falta e empataron de novo, 2-2. Co empate e o Monterroso adiantando liñas, os da Mina aproveitaron dous bos contragolpes para culminar a remontada e sentenciar o choque, 4-2 para pechar a temporada.



Pastoricense 0-2 Santaballés: o Santaballés dominou o choque de principio a fin. O primeiro tanto chegou mediada a primeira metade e, ao pouco de comezar o segundo tempo, chegou a sentenza por parte dos visitantes ante un Pastoricense que di adeus á Primeira e xa pensa en retornar o antes posible.

Lourenzá 0-2 Castro: o fútbol foi o de menos nun Santa Cruz que se vestiu de gala para a retirada de Recalde, un icono da vila de Lourenzá nos últimos anos. O Castro dominou o choque pese a estar moito tempo cun xogador menos, fixo o 0-1 por medio de Rodolfo e sentenciou grazas a Muiña ao comezo do segundo tempo ante un «Atleti» que celebrou a permanencia e despediu ao seu capitán.

Taboada 4-3 Antas: a tolemia se apoderou na Medela nunha tarde na que o marcador xa estaba 2-1 no minuto 10′. Os ataques continuaron impoñéndose ás defensas e, logo do empate celeste e outro tanto do Taboada, os locais mandaban por 3-2 ao descanso. Na segunda parte o ritmo do xogo baixou e as ocasións tamén, pero os locais terminaron por impoñerse a un Antas que non completou un bon partido, 4-3 para rematar a liga na Medela.

Máxicos Futbolinlugo, xornada 34

O San Roque o Chantada selan o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *