#Fútbol Base #Infantís

A Liga dos cambios infinitos

A Asamblea da FGF desta mesma semana deixou unha novidade moi salientable no plano do fútbol base. Concretamente, no fútbol infantil. Nesta próxima campaña, a Primeira e Segunda Autonómica infantís contarán cunha notable diferenza. Os clásicos cinco cambios xa son historia. Chega a era dos infinitos cambios. Os xogadores poderán entrar e saír do campo cantas veces queiran. Ao igual que se fai en todo o fútbol-8. Só hai unha pequena diferenza. Nos últimos quince minutos de encontro, permítese unha única substitución. Iso sí, no resto do partido: barra libre. Hai que puntualizar que a Liga Galega seguirá co formato actual de cinco cambios ao longo do partido, ao igual que a fase de ascenso á mesma.

Falando xa das competicións infantís, comezamos coa composición da nova Liga Galega. No grupo 1 contamos con dous representantes: o habitual CD Lugo, ao que se une o recén ascendido EF Polvorín. Ámbolos dous disputarán unha competición na que os catro primeiros xogarán polo título (ante os catro primeiros do grupo 2). Ademais, do 5º ao 8º disputarán a Copa Galicia, mentres que o resto pelearán pola permanencia. Os rivais dos nosos serán os seguintes: Deportivo, Ural, Xuventude Oroso, Bertamiráns, Montañeros, Victoria, Rácing Ferrol, Santiago Compostela, Calasanz, Bergantiños, Galicia de Caranza, San Tirso, Once Caballeros, Spórting Estrada, Oza Juvenil e Imperátor. Ademais, non podemos olvidarnos do Calasancio, que seguirá un ano máis no Grupo 2.

O EF Polvorín acompañará ao Lugo na Liga Galega Grupo 1

A competición provincial contará con dous grupos: Norte (6) e Sur (7). Emerxen tres novas escadras: San Xosé, Palas e Ferroviaria B. Todos os conxuntos disputarán unha liga a unha volta, na que os catro primeiros de cada grupo rematarán xogando polo ascenso. Farano nunha nova liguiña, da que sairán os dous representantes lucenses para a fase de ascenso a Liga Galega. O resto de equipos non clasificados entre os oito ‘elixidos’ quedarán divididos en tres grupos (por proximidade xeográfica) e disputarán tamén outra competición ligueira a doble volta.

Grupo Norte: SD Ribadeo, Porto Burela, Rácing Villalbés A, Milagrosa A, Lugo B, Viveiro, Foz, Xove Lago, Castro, San Ciprián, Lourenzá, EF Polvorín B, Residencia A e Ferroviaria B.



Grupo Sur: Becerreá, Sarriana, Residencia B, Abuín, Sagrado Corazón, San Xosé, Monterroso, Ribela, Piringalla, Casás, Rácing Villalbés B, Milagrosa B, Antas, Ferroviaria e Palas.

A Liga dos cambios infinitos

Diario dun mercado. Episodio 33

A Liga dos cambios infinitos

Diario dun mercado. Episodio 34

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *