#Feminino

Jenny e Leire, dúas mulleres para quince goles

O PM Friol cumpliu os pronósticos no feudo do colista, ao que superou po 0-4. O Villestro pagou os pratos rotos da eliminación copeira e foi a vítima perfecta para recuperar sensacións e confianza. Portería a cero, hat trick de Alicia Martínez, concentración constante e adeus aos erros defensivos.

O efecto Anabel non chega e un sólido Lugo na Primeira

  • CD Lugo 2-0 Orzán
  • PM Friol B 3-3 Tordoia

Traballado triunfo do Lugo na casa. As rapazas de Joaquín controlaron ao Orzán durante gran parte do encontro. Un partido no que as branquivermellas foron de menos a máis. Sobrepoñéndose á aceleración e nervos iniciais para levar os tres puntos nos últimos vinte minutos cos goles de Irene e a capitá Esther. Pola súa parte, o PM Friol B desperdiciou unha vantaxe de 3-0 e cedeu dous puntos nas postrimerías do partido. As pupilas de Diego Vivero pecaron de falta de acerto nas dúas áreas, a excepción de Anabel. Os tres goles das amarelas foron seus.

Jenny, autora de nove goles para a Comercial

Jenny asina nove goles e Leire seis na segunda

  • Milagrosa 9-2 Cruces
  • Comercial 17-1 San Roque
  • Monte Forte 0-0 Carballedo
  • Chantada 3-0 Touro

A Segunda Galicia tivo dúas protagonistas por enriba do resto. Jenny desatouse no derbi capitalino. Un encontro histórico no que, ademais dos nove goles de Jenny para a Comercial, chegou o primeiro tanto na historia do San Roque. Naiara xa ten un oco no corazón de Montirón. Pola súa parte, Leire liderou con seis goles o claro triunfo da Milagrosa ante o Cruces.

No outro derbi da xornada, quedamos sen ver porta. O Carballedo quedou con dez xogadoras na primeira parte. E aínda así tivo ocasións e ocasións para levar os tres puntos. Iso si, o Monte Forte tamén dispuxo das súas. Non quixo entrar! Por último, o Chantada encarrilou pola vía rápida o seu duelo ante o Touro. Ao minuto 2 xa mandaban grazas a un tanto nun saque desde o curruncho. Obra de Iria, autora dun dobrete. As de Álex Cambeiro dominaron en todo momento e sentenciaron antes do descanso.



Foto principal: Roberto Carreira.

Jenny e Leire, dúas mulleres para quince goles

Máxicos Primeira. Xornada 5

Jenny e Leire, dúas mulleres para quince goles

Tres puntos para o Meira e cinco

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *