José Rodríguez ‘Kubala’ (Monforte de Lemos, 1959). Nome de mediocentro e alcume de lenda. Un mítico que regresa ao noso fútbol. Despois dun tempo fóra dos terreos de xogo, este veterano preparador decidiu emprender unha nova aventura. Será no EF Polvorín xuvenil, no noso fútbol base.
FUTBOLINLUGO: Boas míster! Imaxino que contento por volver adestrar…
KUBALA: Volvemos outra vez a matar o gusaniño. Viñeron outros equipos tamén a preguntar pero tiña que ser algo serio e que compensase. Veu o EF Polvorín, falamos e gustoume. E estarei na súa base.
FIL: Qué lle aportará o EF Polvorín a Kubala e viceversa?



KUB: Vai ser recíproco. Os rapaces, aportan moitísimo. Coa miña experiencia e os anos que levo adestrando vai ser interesante, estou nun club serio e ben estruturado. Espero que me dean todo e dar eu todo tamén.
Vai ser interesante, estou nun club serio e ben estruturado
FIL: Defínase como adestrador

KUB: Son un adestrador bastante pragmático e moi realista. Gústame o bon fútbol pero non descarto outras opcións. Dependendo das circunstancias seremos cambiantes. Non se pode ir sempre ir a piñón fixo. Dependendo do rival e as características do meu equipo, así me adapto.
Non se pode ir sempre a piñón fixo, hai que adaptarse
FIL: Moitos técnicos en situacións parecidas á súa, foron calificados como ‘reciclados’. Considérase vostede así?
KUB: Eu reciclándome non estou. Quitei título nacional en 2005. Seguín adestrando. Evidentemente téñome que amoldar aos rapaces, á idade e a forma de ser deles. Todo conta, a experiencia que teño e o que levo adestrando non está anticuado. Preocupeime de estar máis ou menos ao día.
FIL: Unha experiencia e un currículum no que aparecen xogadores coma Pablo Álvarez ou Diego López… Foi vostede un dos seus descubridores?

KUB: Descubridor non. É certo que eses xogadores estiveron conmigo. Diego López adestrou conmigo ata que chegou á División de Honra no Lugo. E fichou no clube como defensa central… Pero tamén moitos xogadores que agora mesmo non me veñen á cabeza… Pablo Álvarez en infantil e en cadete. Campos, que se fóra para o Deportivo… Foron tantos anos que pasaron moitos xogadores. Tamén Paco Corredoira.
Diego López fichou no Lugo como defensa central
FIL: Cal é a razón de que Diego López ou Pablo Álvarez chegasen e outros que daquelas despuntaban, non? Que hai que ter para chegar á élite?
KUB: Porque o fútbol ten moitas variables. Hai que estar no momento oportuno e no sitio oportuno. Hai que ter unhas condicións específicas, sorte e que te respeten as lesións. No fútbol profesional hai que estar só para eso, adicado só a eso. O difícil é manterse aí. Agora que recordo, outro que estivo conmigo foi Miguel Mateos. Hai moita lenda sobre él, pero non o respetaron as lesións. Senón mira porque Miguel Mateos era titular naquela selección española e Xavi, do Barcelona, non. Algo tiña.
Hai moita lenda sobre Miguel Mateos, pero non o respetaron as lesións. Él era titular naquela selección española e Xavi, non
FIL: Quen lle puxo ese alcume de Kubala?
KUB: O nome de Kubala vén de neno. Eu son monfortino e de rapaz parece ser que xogando a futbol púxome un veciño. E quedoume a pesar de ser merengón -bromea-.
FIL: Moitas grazas Kubala!
KUB: A vós!